Os problemas de Ferrol

Urbanización y privatización en el litoral de la ría de Ferrol é un traballo de Jerónimo Bouza Vila presentado no seminario Estrategias y conflictos en el puerto y el frente marítimo de Barcelona.

Neste traballo o autor fai un repaso aos focos de conflicto (na imaxe de arriba) que neste momento esta a sofrer a ría de Ferrol (estaleiros sen traballo, Reganosa, ponte sobre a Malata, contaminación da ría, etc.) e pon de manifesto a enorme presión urbanística que sofre a costa da ría, con só 3 km sen urbanizar dun total de 40 km. Ao autor preocúpalle que a venta de terreos de titularidade militar que rodean as vellas fortificacións da entrada da ría altere irremediablemente a paisaxe, e sobre todo privatice espazos que son públicos, cousa que está a suceder en moitos portos, e que é posible que suceda coa enseada da Malata se finalmente se chega facer un recheo.

As malas perpectivas industriais fan que se vexa como futura fonte de ingresos a chegada de cruceiros, pero o autor sosten que tomando como referencia o porto de Barcelona o gasto por turista de cruceiro é moi limitado como para xustificar o investimento necesario.

Finalmente plantexa a necesidade de lograr un acordo sobre a idea de cidade para poder elaborar no medio prazo co apoio de todos os implicados un plan para a cidade.

(Vía Naucher)