Os que velan


Velar: gardar, vixiar, coidar prestando atención (eso di o dicionario). No mar
son moitos os que velan. O seu traballo é coidar, da xente e dos barcos, e
moitas veces nada sabemos deles ata que unha situación de emerxencia os fai
presentes.
Un tripulante do Pesca1, un dos helicopteros de salvamento do Servizo de Gardacostas de Galicia, mantén un interesante blog sobre o seu helicoptero, e todo o que o rodea. Hai tamén un blog non oficial do Servizo de Gardacostas de Galicia, outro dun tripulante dun Helimer (helicoptero de Salvamento Marítimo), o web oficial de Salvamento marítimo, o da Cruz Vermella, e o do 112 SOS Galicia.
Cando hai problemas no mar, son moitos os que velan, e moitas veces os primeiros en chegar son barcos mercantes ou pesqueiros que están a traballar e que acuden a unha chamada de auxilio. Non son profesionais pero a sua axuda é ás veces determinante.
A lei no mar é clara, bótase unha man, hoxe, como outro día cha poden botar a ti.

(foto tomada de http://pesca1.blogspot.com/, agradecemos a Homesdepedra a referencia)

Etiquetas