Os sons do mar da Guarda

Paga moito a pena ver as dúas entrevistas con dous mariñeiros da Guarda sobre os sons do mar que eles lembran ou inda ouven e nas que podemos aprender moito de como era o mar nun tempo no que o son dos cornos ou bucinas era medio de comunicación. Estes dous vídeos foron gravados na Guarda por membros de Escoitar.org co apoio do Proxecto Socheo para o proxecto Memoria Acústica Europea.

Escoitar.org é unha comunidade en rede aberta, un proxecto comunitario cunha importante dimensión ética baseada no compromiso e no valor da cooperación. Un dos seus obxectivos é a conservación da Memoria Sonora de Galicia e a posta en valor do patrimonio inmaterial que representan os sons. No seu web hai un mapa de Galicia onde se poden escoitar moitas gravacións de sons, algunhas relacionadas co mar ou os rios.

Etiquetas