Outro inscrito no VIII Encontro


O barco da foto é un barco de 9 metros dos que se usan para instrucción mariñeira na Armada. Foi recuperado polo Club do Mar de Ferrol, e por suposto vai participar no VIII Encontro.
Este barco foi restaurado coa idea de ser usado para formación na navegación tradicional, segundo o proxecto presentado no seu día á Deputación da Coruña.
Podedes ver fotos do proceso de recuperación, dúas fotos de barcos similares en uso na Base Naval de Ferrol, e o especial que se lle adicou no Apupo nº6

Para os que ainda non o fixeron, lembrar que segue aberto o formulario de inscrición no VIII Encontro.

Fotografías: Ruzo

Etiquetas