Paca Gómez e Mendo. Dous bergantíns goleta

 
No imprescindible web Vida Marítima publícase un post sobre o bergantín goleta Mendo (arriba na foto), construído en Vigo en 1920. E no mesmo web hai un par de meses publicouse tamén un completo post sobre o Paca Gómez (abaixo), un bergantín goleta construído en 1905 no norte de Lugo.
 

 
O Mendo estivo na flota galega ata 1931 cando pasou á propiedade de Fos hermanos, e rematou a súa vida durante a guerra civil ao afundirse en Valencia. O Paca Gómez tivo unha vida máis longa, convertido en vapor con aparello de balandro nos anos corenta, perdeuse por colisión na abra de Bilbao en 1969.

(Imaxes tomadas de Vida Marítima)

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *