Para ir ao mar en Vigo

combarro 2005

 

A Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos San Miguel de Bouzas ( ou A Asociación de M.A.D. San Miguel de Bouzas, por abreviar), xa comenzou, como estaba previsto no seu programa que podedes consultar na súa web, coa a actividade “Saír a Navegar”.

Calquera persoa a que lle guste navegar (inda que non sexa socio) pode disfrutar do pracer de navegar a vela en verdadeiras embarcacións tradicionais coma nas que noutro tempo se empregaban para a pesca profesional.

As saídas están programadas para os mércores o longo de todo o verán (sempre que o tempo o permita). Aqueles que queiran practicar o arte de velear nestas embarcacións non teñen máis que estar antes das 18H, na sede da Asociación.

Desta maneira tan singular cúmprense dous obxectivos, foméntase a navegación tradicional e vanse consolidando tripulacións con experiencia para o anexo das embarcacións e asi poder participar nos distintos encontros de embarcacións tradicionais que hai o longo do ano.

Etiquetas