Paralelismos

A foto de arriba podería estar tomada en Sada, pero está tomada na outra banda do mar, en Brasil, máis precisamente no porto de Recife.
Este tipo de imbornal con forma de arco conopial é característico dos barcos do arco ártabro, como se pode ver nas fotos do patexeiro Balbina, ou nas fotos dos outros barcos dos Patexeiros de Sada.
Coincidencia?, haberá algunha relación?

(Foto Bubu Gonçalves)

Etiquetas

7 cometarios sobre “Paralelismos

  1. Moi boa esta anotación do Mestre.

    Pois sabemos que algún carpinteiro de Sada ten emigrado a Brasil e alí ten traballado tamén en carpinterías de ribeira.

    Seguiremos investigando a ver se por casualidade foi o autor desa obra da foto.

  2. Home, Recife está na rexión do Nordes,onde emigrou moito galego, e nesta rexión está constatado, e os propios brasileiros así o ven, que teñen unha cultura moi semellante a galicia(Salvando distancias claro está), de feito alí no Nordés Chámanlle Galegos as persoas de pel clara, ollos claros e pelo claro.

  3. Encaminho de Brasil, foto de meu barco, chamado aqui no Rio de Janeiro de traineira de camarão, construído em 1984 no norte do Rio, em região onde a tradição oral fala que os primeiros estaleiros eram de carpinteiros galegos, a uns bons 300 anos.
    A relação das culturas brasileira e galega, principalmente náutica, a cada dia fica mais evidente. O feitio da proa do saveiro, barco tradicional daqui, é como uma dorna! [img_assist|nid=16346|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=75]

    1. Ronaldo, obrigado pola foto e a información. Intentaremos facer unha pequena recopilación de información sobre os barcos brasileiros.

  4. Aí está a proa do saveiro, este é um com 6 metros e usa uma vela triangular latina, chamada de VELA DE PENA.O que me paraceu familiar com a dorna é o cadaste de proa arredondado, chamado de RODA DE PROA,- este tem a roda pouco curva, há os mais curvos – e a tábua de ARREMATE, mais grossa, ou mais espessa do que as da borda.
    As culturas marítimas do Brasil e da Galicia estão a saltar aos olhos!

Comments are closed.