Parrocheira 2012. 20 anos de embarcacións tradicionais en Ferrol Vello

O Club do Mar de Ferrol convoca a Parrocheira por vixésima vez. A XX Parrocheira vai ter lugar o sábado 8 de setembro no muelle de Curuxeiras.
O programa consta de navegación ás 12:00 e ás 17:00 horas. Para os participantes está previsto que se den uns pinchos entre ambas saídas ao mar.

Como é sabido de todos, a saida da tarde ten como trofeo un xamón, do que o o seu futuro orgulloso propietario só poderá levar para casa o oso.

Os interesados en asistir co seu barco terán a disposición a rampa de Curuxeiras e unha batea para atracar como noutras ocasións. Pero si algún patrón está interesado en asistir e non pode facelo co seu barco, desde Ferrol avisan que hai barcos que precisan destes patróns para poder navegar.

Este ano a Asociación de Veciños de Ferrol Vello tamén se suma á festa e organiza as festas da Parrocheira desde o venres 7 ao domingo 9, con música (o sábado 8 actuarán Los Limones), gastronomía, e festa infantil e procesión marítima o domingo.

Desde a organización agradecen que os que pensen asistir ó comuniquen por adiantado para facilitar o traballo loxístico ao correo velatradicionalferrol@gmail.com ou ariga@mundo-r.com

A noticia no Diario de Ferrol

Etiquetas