Festival Marítimo Pasaia 2018

O vindeiro sábado 27 de xaneiro ás 12:00 h terá lugar no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, o acto de presentación do I Festival Marítimo de Pasaia (Gipuzkoa), que se celebrará entre o 17 e o 21 do mes de maio, e no que Galicia participará como convidada de honra debido ao labor de salvagarda patrimonial que vimos desenvolvendo e á intensa relación de intercambio que levamos anos mantendo cos nosos homólogos do País Vasco, nomeadamente coa asociación Albaola de Pasaia que sempre acude ás distintas edicións do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia con importante presenza humana e material.

O acto contará coa asistencia da alcaldesa de Pasaia, a directora de Turismo da Diputación Foral de Gipuzkoa e representantes das entidades organizadoras, Oarsoaldea e Albaola. A parte galega estará integrada por representantes de Culturmar, da Xunta de Galicia (consellerías do Mar e Cultura) e das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra.

A delegación galega en Pasaia estará composta por unhas setenta ou oitenta persoas que permitirán o desenvolvemento dunha ampla mostra do noso patrimonio marítimo e fluvial, que Culturmar está a organizar en colaboración con distintas institucións galegas:

En terra: obradoiros, tanto demostrativos como participativos, vinculados á artesanía e ás tradicións e oficios marítimos; mostras e exposicións culturais; pavillón de información cultural dirixido ao público con iniciativas de promoción do patrimonio cultural e natural; mostra de gastronomía (tradicional e innovadora) basada en produtos do mar; mostra de música tradicional.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *