PASEO LITERARIO E TOPONÍMICO POLA RÍA DE VIGO E A ILLAS CÍES. 29 de Setembro

A Conxellaría de Normalización Lingüística organiza o paseo literario “Fantasía e realidade de Verne en Vigo, II:”A ría de Vigo e illas Cíes”, guiado por Eduardo Rolland (experto no autor Jules Verne e Ledicia Costas (autora da novela “Jules Verne e a vida secreta das mulleres plantas”).Durante a travesía leranse pasaxes do capítulo ‘A badía de Vigo’ de ‘20.000 leguas baixo dos mares’, xunto á narración da batalla de Rande seguindo o guión do propio capitán Nemo a bordo do Nautilius e da vida secreta das mulleres planta”.

Visita ao miradoiro, na ruta do Alto do Príncipe. Conversa arredor de Jules Verne e o empresario vigués Antonio Sanjurjo Badía. Narración da fantasía desta relación e da realidade dos feitos históricos.

Visita ao faro. Narración da entrada do Nautilus na ría de Vigo o 18 de febreiro de 1868 así como das dúas visitas a Vigo de Jules Verne a bordo do ‘Saint Michel III . Explicación de curiosidades da Illa Sur na ficción literaria das mulleres planta.

Data: sábado, 29 de setembro de 2018

9.00h: reunímonos no embarcadoiro

9:30h: saída do barco cara ás Cíes

11.00 a 14.00h percorrido polas illas de Monteagudo e do Faro guiado.

Tempo libre a seguir ate as

17.00h:.reunímonos no embarcadoiro.

17:30h: saída rumbo a Vigo.

Prezo: 10 euros (travesía e paseo. Non inclúe a comida. Pódese xantar nos restaurantes das illas).

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *