Patrimonio marítimo e accións para a súa recuperación e posta en valor como reclamo turístico. Xornada

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR organiza, o vindeiro martes 26 de novembro, unha xornada dedicada ao patrimonio marítimo e ás accións que para a súa recuperación e posta en valor, como reclamo turístico en Galicia-Norte de Portugal, levou a cabo a institución a través do proxecto europeo PROAMARE.

O evento terá lugar na sede de CETMAR en Vigo, e no seu programa inclue a presentación do Roteiro marítimo deseñado para amosar o potencial turístico de Galicia-Norte de Portugal, que foi deseñada polos socios do proxecto PROAMARE, entre os que se atopa a Deputación de Pontevedra, o CIM Alto Minho, a Câmara de Caminha e a Fundação Gil Eannes.

A Xornada pecharase co relatorio de Dionísio Pereira sobre A patrimonialización da cultura marítima no litoral español: os actores, as accións.

A Xornada é gratuita pero é preciso confirmar previamente a asistencia, a data límite é o 25 de novembro.

Etiquetas