Pecha o Museo da Natureza en Ferrol por derrube


Onte, 4 de xullo, pechou o Museo da Natureza. A Sociedade Galega de Historia Natural vese obrigada a tomar esta drástica medida despois de que a noite anterior se producise un derrube de parte do teito da sa da exposición.
Aconsellados polos bombeiros e logo de avaliar a situación a SGHN considerou que non se podía poñer en perigo aos visitantes e decidíu o peche das instalacions.
O Museo da Natureza é posiblemente a colección de historia natural máis completa de Galicia, e está pendente hai xa moito tempo de ser reubicada noutro edificio de Ferrol, pero cuestións politico-administrativas están a demorar o traslado desde o vello edificio que ocupa temporalmente.
Desexámoslles aos amigos da SGHN que pronto se solucionen estes atrancos para conseguir un edificio digno do importante traballo que levan feito durante máis de trinta anos.

Etiquetas

Un comentario sobre “Pecha o Museo da Natureza en Ferrol por derrube

Comments are closed.