Perdemos un compañeiro

As persoas e colectivos da FGCMF queremos expresar o noso máis sentido pesar pola morte de Benxa, un compañeiro de Sueste. As nosas condolencias á súa familia e aos seus amigos.

Queda na nosa lembranza a súa calorosa acollida na penúltima asemblea, celebrada en Moaña a fin de colaborar na defensa da preservación das carpintarías de ribeira, das que Benxa fixo de entusiasta e amable cicerone.

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *