Piden a recuperación do Faro de Lariño en Carnota

O Concello de Carnota e a Asociación de Veciños Insua de Lariño veñen de facer pública unha campaña para que a Autoridade Portuaria de Vilagarcía arranxe e ceda aos veciños o Faro de Lariño. O faro está nunha situación de deterioro notable e que vai a máis. O Concello xa solicitara no 2012 á Autoridade Portuaria a cesión do faro para restauralo e facer del un Eco-centro pero non tivo outra resposta que «as autoridades estaban a estudar que facer cos faros».

A recuperación do faro de Cabo Vilán, e a súa dinamización pola Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas é o exemplo que pretende seguir esta iniciativa. A actuación de promoción da Asociación no Vilán fixo aumentar os visitantes nun 40% ao tempo que se mantén vivo un importante patrimonio de todos.

Quen queira apoiar esta iniciativa pode facelo no seu sitio web http://salvemosofaro.blogspot.com.es

(Vía Que pasa na costa)

Etiquetas

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *