Piraguas castrexas no rio Limia


No ano 2003 acháronse dúas piraguas monóxilas no fondo do rio Limia, en Lanheses, perto de Viana do Castelo. Chamáronlle piroga 4 e 5 porque anteriormente xa apareceran 3 no mesmo rio.
Acaba de publicarse o estudio desas dúas embarcacións, de 7 e 6 metros de eslora, que confirma que foron construidas entre o século III e II antes de Cristo, portanto son coetaneas dos castros.
Se este feito é importante, ainda o é máis porque unha delas ten unha especie de remendo nun bordo feito coa técnica de mecha e respigo, característica da construcción naval mediterranea da época clásica.
As pirogas 4 e 5 do rio Lima, de Francisco Alves e Eric Rieth, é unha publicación moi completa e interesante, ten moita información sobre os materiais e as técnicas constructivas destas piraguas, que como os autores plantexan pertencen a unha tradición constructiva que chega aos nosos días na tipoloxía do barco de dornas do Miño.
Neste momento están depositadas no Centro Nacional de Arqueologia Náutica e Subaquática, en Lisboa, esperando a recibir o tratamento de conservación que permita a súa exposición ao público en Lanheses.
(Vía Capítulo0)

Etiquetas

Un comentario sobre “Piraguas castrexas no rio Limia

  1. Mui oportuno, Mestre colocar esta nova con enlace adxunto.
    Onte mesmo entereime da nova e estaba pensando en cómo colocala aquí brevemente. Agora, grazas á dilixencia do sr. Mestre xa está posta aquí polo cal doulle ás grazas.

    Comentarios. Ademáis de ter interese para a arqueoloxía castrexa o PDF lémbranos a semellanza que teñen estes achados coa reliquia etnográfica que é o barco de dornas do río Miño.
    Un exemplo de cómo a etnografía das embarcacións resulta mui útil para a arqueoloxía.
    Polo demáis cabe lembrar que tales canoas non son nada raro no noso ámbito. Hai noticias que recollen o feito de que tanto na Lagoa da Antela ( hoxe apenas unha sombra do que foi) aparecera unha como tamén no río Ulla en Pontecesures ó facer non sei qué obras na ribeira. Por certo que como anécdota direi que cando se correu que os obreiros descobriran unha ó ir vela un que intuía a súa importancia xa a desfixeran para facer leña e quentarse.
    Ben…, quizá algún día apareza outra por alí.
    Saúdos !

Comments are closed.