Piratas no día a día

David Trillo é de Brens (Cee), capitán de remolcadores offshore en varios mares do mundo, e ten un soño: crear algún día a sua propia navieira e deseñar os seus barcos.
Na Voz de Galicia do pasado día 16 David publica unha boa crónica sobre o seu traballo no mar entre o Golfo de Guinea e Angola e a constante presenza da ameaza pirata. Como dixo Xurxo Souto non hai que rebuscar moito nos veciños para atopar historias que nos falan do mar de lonxe. Son tamén moi interesantes os vídeos que David subiu ao Youtube, neles pódemos ver o traballo nos remolcadores.

(Imaxe: David subindo ao avión en Soyo, Angola)
 

Etiquetas