Plan Estratéxico dos Xogos e Deportes Populares e Tradicionais. Presentación


O vindeiro día 8 de febreiro, domingo, vai ter lugar a presentación do Plan Estratéxico dos Xogos e Deportes Populares e Tradicionais. Será no Pazo de Congresos de Santiago, desde as 10:15 ata as 13:15 horas.
A finalidade desta xornada é promover un espazo de encontro e coñecemento entre os axentes que desenvolven as súas actividades no ámbito dos xogos e deportes populares e tradicionais.
Un dos principais obxectivos deste evento é dar a coñecer o estudo “A realidade dos xogos e deportes populares e tradicionais nos concellos galegos”. Na xornada realizarase unha presentación dos datos referidos á situación dos xogos e deportes populares e tradicionais en Galicia, extraídos dunha investigación realizada nos concellos galegos.
Ademais, tamén se presentarán as liñas estratéxicas de traballo da Consellería de Cultura e Deporte no marco dos xogos e os deportes populares e tradicionais.
A asistencia é aberta e gratuita, previa inscrición.
Máis información (inscrición e programa) no web da Fundación Deporte Galego.

Etiquetas