Por todos os mares do mundo. O prodixio da pesca en Vigo. Libro

Esperanza Piñeiro e Andrés Gómez publicaron o libro Por todos os mares do mundo. O prodixio da pesca en Vigo hai xa dous anos, editado pola Cooperativa de Armadores de Pesca do Porto de Vigo, co patrocinio de Caixanova. Este libro fai un repaso, necesariamente breve, pola historia da pesca en Vigo na segunda metade do século XX. Logo dunha introdución histórica o libro recolle historias de vida dalgúns dos protagonistas do mundo da pesca en Vigo neses anos. Aquí reside o interese deste libro. Son as persoas as que nos contan como foi ese período de expansión na pesca, coas súas épocas boas e malas, cos sucesos que os marcaron para ben ou para mal.

Os autores xa teñen publicados outros libros de similar temática e sempre dando voz ás persoas: Homes de ferro en barcos de madeira (sobre A Coruña), Xentes dos mares de Ferrol, e A pesca e os mariñeiros : Cedeira, Cariño, Ortigueira e Mañón.
O libro foi publicado en galego e español, pero lamentablemente só se pode acceder á versión en pdf en español.