Portas abertas no Estaleiro de Purro en Bueu

A Asociación de Embarcacións Tradicionais Os Galos realizará unhas xornadas de portas abertas no asteleiro de Purro na Banda do Río, en Bueu, os días 13 e 14 de Xaneiro, en horario de 11´00 a 13´00 da mañán, e 15´00 a 20´00 da tarde.

O sábado día 13 iniciase o 4º concurso “Cousas da praia” para nenos e adultos. No estaleiro entregaránse os botes para a recollida de materiais diversos da praia, os botes entregados quedarán alí expostos Esta recollida finalizará o día 27 de Xaneiro. A entrega de agasallos será o sábado 3 de febreiro.

Nas xornadas de portas abertas a asociación Os Galos quere invitar á vecindade da Banda do Río para que coñezan o interior do estaleiro, as ferramentas e maquinaria que aínda se conserva. Tamén se pode ver diverso material alí exposto, entre os que destacamos algunha embarcación como unha dorna “Robaleira” especial polo seu acabado que lle da un aspecto de moble barnizado; un choupan ou gamela de dúas proas, “Faino ti” recentemente recuperado; unha gamela “Chula” con adaptación para un foraborda, aparellada tamén para vela e remos; unha curiosa colección de moedas antiguas, os restos de pezas de cerámica recollidas na praia de Pescadoira, e varias áncoras líticas.

Os Galos aclaran que non desexan con estas xornadas ningún enfrontamento veciñal polo que rogan aos vecinos lles den a oportunidade de dar a coñecer ese valor patrimonial que dita instalación posúe, aínda que no fondo queiran derrubalo; e se achegen a visitalo unha vez máis.

Xa é sabido por todos a intención de esta asociación de converter este lugar nun museo vivo de carpintería de ribeira. E a pesar do que poida parecer, somos os primeiros en desexar que dito espacio poida chegar a ser seguro, saluble e libre de contamiñación acústica indeseada, e por suposto, un lugar para o disfrute público.

Ultimamente non facemos máis que preguntarnos o porqué de querer derrubar algo que, si ben non ten valor arquitectónico, está cheo de valor cultural e representa un claro símbolo de identificación de calquer vila mariñeira, pero máis difícil resulta comprender como un paso así se pode facer con tanta presa, sin antes consensualo, debatilo, estudialo.

ASOCIACIÓN DE AMIGOS DAS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS OS GALOS DE BUEU.

Un comentario sobre “Portas abertas no Estaleiro de Purro en Bueu

  1. En tant qu’ancien Président de la Fédération Régionale pour la Culture Maritime de Bretagne , je voudrais témoigner ma solidarité avec l’association “Os galos” pour l’action de défense du patrimoine maritime. Nous avons aussi été confrontés à cette situation en Bretagne et il a fallu lutter pendant de nombreuses années pour obtenir la reconnaisance de la nécessité de défendre ce patrimoine : je sais donc combien cette tâche est difficile mais enthousiasmante et je tenais à vous apporter ce témoignage.
    Bon courage .
    Amitiés
    Hervé GRALL

Comments are closed.