Portos renuncia a contruir a goleta.

O Presidente de Portos na súa comparecencia na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia anuncióu hoxe que Portos renuncia por agora á construción dunha réplica dunha goleta de San Cibrao, por causa da situación económica.
Actualización: No web do Parlamento de Galicia xa está disponible o video da comparecencia do Presidente de Portos.

Intervención inicial do Presidente de Portos (21 min.)
Intervención dos parlamentarios
BNG (11 min.)
PSOE (10 min.)
PP (11 min.)
Intervención do Presidente de Portos (7 min.) (Comunicación da renuncia a construir a goleta)

Para os interesados este é o video completo da sesión

Etiquetas

29 cometarios sobre “Portos renuncia a contruir a goleta.

  1. Rectificar é de sábios, mas se o presidente de Portos diz que Galiza está orfa de iniciativas de recuperaçom de embarcaçons tradicionais, quizás a FGCMF devera respostar-lhe

    1. Toda a razón do mundo, si din eso pode ser por varios motivos:
      1ª Non teñen nin idea de patrimonio maritimo en Galicia.
      2º Queren facer pensar a todo o mundo que non hai iniciativas particulares.
      3º Atrevense a decilo porque non teñen medo a que lles respondan.
      Dende o 2008 as cousas foron a peor no que respecta o noso sector, polo tanto debemos actuar de modo distinto si queremos que as cousas cambien. Xa lle demos bastantes oportunidades para que fixesen o que debían.
      Os medios principais de comunicación están o seu servicio.
      Polo tanto debemos utilizar outros medios.
      Utilizade facebook, la taberna del puerto, foros, etc.
      Dende fora de Galicia todo o traballo que fan as asociacións casi non se aprecia. Eu non teño máis remedio que luchar porque é o noso medio de vida, pero xuntos si luchamos conseguiremos que nos escoiten, agora é bo momento.

  2. Estou en total acordo cos comentarios anteriores.

    Alguén debería informar ao presidente de Portos, por se non o sabe, que existen un importante número de asociacións de embarcacións tradicionais que levan anos traballando en actividades do Patrimonio Marítimo Mariñeiro, recuperando vellos barcos e facendo outros novos, con moitas dificultades económicas ao non contar con subvencións das administracións.
    Tamén hai falta de apoio nos portos e na costa con falta de amarres e instalancións para realizar as actividades.

    Foi e está sendo unha vergoña o do “Hidria”.

    Hai iniciativas en torno ao noso Patrimonio, o que hai é que pararse a escoitalas.

    1. Penso que é un erro. Analizando ven cantos cartos se van por outro lado sin dar emprego ningún ou mantendo museos non operativos ou subvencions a todo canto lle chamen arte?.
      Por outra parte despois pedimos axudas para os nosos barcos
      e terán que decir o mesmo que os tempos están dificiles.E mentras tanto engordando as listas de emprego dun sector reconocido como ARTESÁNS ( CARPINTEIROS DE RIBEIRA ),os cales nós, que andamos nos barcos tanto apreciamos .

  3. GOLETA “SAN CIPRIAN ”

    Cando será o día que nos apoiemos todos para a conservacion e recuperación do noso patrimonio maritimo?
    Haber si remamos todos na misma dirección e nos deixamos de entorpecer uns a outros.
    Dende cando e malo ter un barco, goleta ou calquer outro que nos identifique?
    Si en vez de mirarnos o ombrigo, abriramos as mas, hoxe ou maña, seriamos o que debemos ser, a maior potencia en cultura maritima de Europa.
    Galicia tamén e o norte, e dende San Ciprián, grazas a todos aqueles que viron con bos ollos que se construira una goleta para o noso pais, e de paso unhas gafas para os que teñen nublada a vista en non ven mais ala do seu fuciño.
    O meo, non e salir falando aqui, dedicome a traballar por conservar, recuperar e poñer en valor o noso patrimonio marítimo, pero ferveme o sangue cando oio ou vexo escritas tantas sinrazons.
    Si con estes comentarios ofendo a alguen, rogo me perdoe, e que entenda que hoxe e un dia triste para todos os que queremos o noso mar, hoxe perdimos un barco.
    Un saudo a todos.
    Moncho

    1. o caso é que com os cartos que custava esse barco, pagava-se a recuperaçom de 10 por toda a costa galega.
      eu penso que nom é bom concentrar tantos recursos numha só embarcaçom que, ademais, provavelmente, iria quedar amarrada e sem uso, como tem acontecido com outras que som propriedade da Junta.

      1. GOLETA “SAN CIPRIAN”

        E agora non temos nin ese barco nin os dez que dices…..

        Necesitamos barcos grandes… como o noso pobo…xa temos barcos de menor tamaño, que tamen son grandes para nos…e si temos a oportunidade de lograr algo mellor porque non podemos aspirar a eso? porque non podemos ser como as outras comunidades españolas con costa, que teñen barcos así, ou como o resto de Europa? porque non???
        En canto a o de quedar amarrado, no e así, xa estaba previsto a súa xestión, e sería hasta rentable, tal como sucede con outros barcos de ese tipo.
        Temos que ser mais ambiciosos e aspirar a mais.
        Unha cousa non quita a outra.
        Debemos de estar unidos por algo que , supoño, todos levamos dentro.
        un saudo a todos
        Moncho.

        1. Algo que nos distingue es sin duda ninguna nuestra posición marítima en relación con Europa. Somos la encrucijada de todas las rutas marítimas. Somos el punto idóneo para que el mar que tan hermoso es en nuestras costas busque el divino refugio de nuestras rías, puertos y ensenadas; y los barcos que navegan en sus cercanías entren en el. Así que …los marinos de todo el mundo pueden alegrarse de visitarnos, pues aquí entendemos de mar y de sus embarcaciones, somos constructores de magníficos barcos y así lo hemos demostrado, también reparamos y damos refugio y magnifica acogida a quien a nuestras costas viene.
          Pero también tenemos que invitar a la gente a visitarnos, tenemos que poner algún motivo para ello; y la construcción de un nuevo barco, de un barco que dignifique nuestros astilleros de rivera y diga a voz en grito de lo que somos capaces de hacer, y nos ponga a la altura de otros países de nuestro entorno. Creara un interés para que nos inviten y hagan que invitemos. Que creemos cultura y patrimonio marítimo, y esto señores míos si que es una buena inversión, una riqueza (que parece ser que muchos no comprenden)
          Por todo esto y por mucho más digo….
          QUIEN ES EL BESTIA QUE RECHAZA EL INFIMO GASTO EN LA CONSTRUCCION DE UN BARCO TRADICIONAL Y LE QUITA EL TRABAJO A LA TAN MALTRATADISIMA CARPINTERIA DE RIVEIRA…..¿¿¿¿¿¿¿QUIEN??????

          QUIEN ES EL QUE NO QUIERE INVERTIR EN PATRIMONIO MARITIMO DE GALICIA, Y PREFIERE. TIRAR EL DINERO EN COSAS INUTILES Y QUE NO PRODUCEN RIQUEZA NI PARA HOY NI PARA EL FUTURO….¿¿¿¿QUIEN????

          QUIEN ES EL BURRO QUE NO QUIERE QUE NUESTRAS COSTAS SEAN VISITADAS, ADMIRADAS, Y RECONOCIDAS POR UNO DE LOS SECTORES TURISTICOS MAS IMPORTANTES Y CON MAS MEDIOS ECONOMICOS …….¿¿¿¿¿QUIEN?????

          Señores que tienen el poder. Les ruego muy modestamente que miren por este sector que esta muy empobrecido y con una necesidad urgente de carga de trabajo. Y también que se hagan cargo de la necesidad imperiosa de que la Galicia tradicional marítima pueda iniciar su andadura (puesto que vamos muy atrasados) con el resto de los países europeos, los cuales estarían encantados de ayudarnos y coparticipar con nosotros y auparnos a la posición que por historia y lugar nos pertenece.
          YO SOY GALLEGO Y ENAMORADO DEL MAR, Y ME GUSTA PRESUMIR DE MI TIERRA MI MAR Y MIS BARCOS les ruego que me permitan seguir presumiendo.
          Gracias Alfonso

          1. Se eres realmente Galego pois entón escribe en galego, anda que non custa tanto traballo. Por culpa da lingua na que ti estás a escribir, a nosa é a única da península Ibérica que está realmente en perigo de desaparecer en só duas xeracións, igualiño cas nosas embarcacións tradicionais.

          2. Creo que se estan descontextualizando as cousas, vexo un e outro comentario e quedome un tanto perplexo. Non sei onde estan as posicións encontradas, matices?, poder ser. Creo que ninguén se manifesta en contra da construcción da goleta, porque ten que ser malo?.
            Pero claro esto xurde no medio de unha situación concreta. As asociacións que levan traballando dende hai ben 20 anos es esta historia traballan en precario, as súas embarcacións (grandes e pequenas) non teñen na maior parte dos casos posicións de favor nos peiraos (cando representan …..). As mesmas asociacións carecen de infraestructuras e espaciós portuarios, porque non unha minima parte de estes non se poñen a súa diposición? de un xeito asequible por non decir gratuito (sempre xustificadamente).
            As empresas galegas que con animo de lucro fan que o noso patrimonio poida ser dinamizado e xenerador de economía, non son precisamente ben tratadas. Entón que debemos facer?.
            Na miña opinión seguir a traballar (como hasta agora) e reclamar, reclamar, pero non poñernos entre nos a tirarnos tablóns.
            Por outra banda sen Portos en sen moito ou soio con ilusión, o día de hoxe a Cultura Maritima e Fluvial de Galicia, as súas xentes e as súas embarcacións, o seu traballo (moito) desinteresado, son apreciadas e respectadas non soio en todo o Estado senón en Europa e seguén a ser modelo de actitude.
            Unha aperta.
            Fernando Piñeiro Oubiña.

          3. Si non o leo non o creo.E posible que alguen que se di defensor das embarcacions tradicionais se alegre cando se deixa de construir unha goleta deste porte,que ademais daria traballo a boa parte dos carpinteiros de ribeira de Galicia.
            Realmente se pode pensar que por deixar de construir este barco se van conseguir cartos para invertir noutras embarcacions tradicionais.
            Aqui nadie sae ganando,pero temos perdedores,o patrimonio maritimo galego e sobre todo nestes momentos de crise os nosos carpinteiros de ribeira.

          4. Estou abraiado co que estou lendo.
            Seguimos en ter claras as cousas.
            O asunto da construcción da goleta NIN se tiña que haber plantexado. O que se ten que facer é empezar pola base, creando unha estructura portuaria é un tecido sólido pra que a industria da madeira sobreviva sen subvencións. Gastar 2 millóns de euros niso é, sinxelamente, inmoral nestes intres.
            O caso do Hidria fala por si só. Portos de galicia non é a Dirección Xeral da Mariña Mercante Galega; ese tipo de “buqes de representación” son buques de representación institucional, cousa que de momento, non é nin necesario nin útil pro noso país.
            Eses cartos teñen que empregarse con intelixencia, creando unha infraestructura da que realmente se beneficien asociacións e empresas, so así se fortalecerá o sector. Non por construir un barco do cabotaxe vaise salvar o pouco que queda da nosa industria naval da madeira. Barco que ainda que se fixese, a sua rendabilidade pro páís é moi discutible.
            As cousas hai que face-las con intelixencia e realismo.
            Saudos a todos.

          5. La traducción simultánea es tremendamente cara, y yo no soy quien para producir mas gastos a este estado empobrecido, así que he decidido expresarme para una mayoría lingüística, a la cual espero pertenezcas. Ah e un predicamento, cal e o cadeullo que define a o galego?

    2. Eu estou cansada de poñer en valor o patrimonio maritimo e non basta con restauralo, que pasa que os barcos que se restauran nas asociacións e por empresas privadas non ocupan a carpinteiros, parece que solo eles darian traballo os carpinteiros, eu teño a sorte de que teño un a bordo, pero durante a restauración traballaron moitos outros carpinteiros no barco a parte de outros moitos profesionales. Para que o sector funcione sería máis fácil que desen atraque e programas con escolares, xa que en Galicia non se pode vivir so do turismo porque a temporada é corta. Si os barcos tradicionales profesionales teñen atraque e traballo o traballo para os carpinteiros e varaderos ven so, xa que é obligatorio varar todolos anos. A todos nós nos gustaría ver esa goleta lista, pero non a costa de todolos demáis barcos.

  4. Pois eu non o entendo. Primeiro deciden gastar unha chea de cartos nun investimento que sen dúbida tiña uns altos custes económicos. Logo din que a situación económica actual non é axeitada para ese tipo de gastos e, xa poñendo a guinda, soltan que hai poucas iniciativas de recuperación de embarcacións -ler, ver e oir para crer!!! Hai que ser ignorante e non querer ver para dicir iso!-. PERO a realidade é que non hai puntos intermedios, o que ben sendo o sentidiño:
    Que invistan cartos segundo o criterio de quen algo sabe.

    Está claro e demostrado que a FGCMF sabe. Logo, se queren valorar proxectos que sexan sostibles económicamente, pois tampouco era mala cousa, digo eu…

    E tamén é certo que 1 barco menos e unha perda para tod@s, pero claro “Mentres non haxa pan para todos non pode haber tarta para ninguén”.

    Así que querida Administración, sentidiño, oh, que non fai dano.

  5. Como di José Manuel a goleta non ía ser a solución nin para o patrimonio marítimo nin para a carpintería de ribeira do noso país.
    (E sen esquecer as posibles irregularidades que había na tramitación administrativa para a súa construcción. Sabedes que estaba recurrido. Penso que iso tamén influiu na renuncia de Portos).

    Ao meu entender trátase de facer un tecido ao redor de todo o que se refire ao noso Patrimonio e non unha soa puntada aillada.
    Saúde a tod@s.

  6. Joder! pois parece que a devandita Goleta ía ser a que nos sacara de pobres a todos, inclusive á carpintería de ribeira. Pois supoño que é unha lástima que non se faga esa GOLETA, pero como ben expuxo Fernando, non se entende que os esforzos de Portos (lease Xunta) por apoiar o patrimonio marítimo de Galicia (inclusive á carpinteria de ribeira) sexa facendo unha GOLETA, sobre todo cando hai unha chea de embarcacións que xa forman parte dun nutrido patrimonio marítimo e fluvial que está totalmente en precario e sen apenas recoñecemento institucional, eso si, boas palabras e palmadas na espalda caen por babor e por estribor, ao mesmo tempo que as hostias.

    De verdade que se sinte moito que as carpinterías de ribeira galegas, que necesitaban este traballo se queden sen o encargo, mais creo que os políticos terán que asegurar o futuro a longo prazo do sector, non facer unha embarcación que dará choio durante un tempo determinado. Cando se remate que? mandámoslle unha réplica?. Por que non descentralizan eses investimentos e buscan a forma de que os cartos sexan inversión a longo prazo para o sector, en vez de poñer as esperanzas nunha única construcción. E se sae mal todo eso de que a GOLETA nos vai a reportar beneficios de recoñecemento, turismo e demais cousas, e as carpinterías de ribeira quedan sen choio outra vez.
    A seguir opinando.

    Ahh, e estaría moi ben que estes comentarios lle chegasen ós señores e señoras responsables da anulación do proxecto da GOLETA, anque sexa de oidas….

    Un saúdo a tod@s!!

    1. Hola Anxo! A goleta non ia quitar a nadie de traballar´
      pero polo menos non ian a engrosar as listas do paro e esperar a que presentando un feixe de papeis lle poidan conceder 450 Euros ,despois de agotar o paro. Non sei si farias as contas eu fixenes polo mínimo e me dá: 300 persoas x 450 E =135.000 E x 12 meses=1.420.000 E x 3 anos
      que era o proxecto . Por outro lado gustame moito o que dís no comentario central ” e si sae mal “,sabes que esa e unha
      frase moi galega que tamén ten a outra parte ” e si sae ven”.
      Como eu confio no vo saber dos nosos carpinteiros, esto podía ter recoñecemento e beneficio a longo plazo.
      Creo que para outra vez que poida haber outra oportunidad como esta temos que defendela con forza veña de donde veña.
      Saúdos

      1. A Goleta é o noso Cerco Real

        1º O mellor da proposta de construir a goleta, é o acordo. Cando viramos aos estaleiros de ribeira de Norte a Sur traballando en equipo? Calquera que ame a súa terra comprende que esa sintonía entre distintos obradoiros e diferentes estilos de traballo ten o valor dun símbolo. Para min, é como atopar unha mina de ouro. Visto así, o prezo será sempre inferior ao valor do conseguido.

        2º Se o acordo é o máis valioso, deamos un paso adiante: defendamos o proxecto mediante unha campaña porto por porto.

        3º Se, a pesar desta campaña, a Administración Autonómica insiste en postergar a proposta, paguémola entre todos os que estamos interesados nese símbolo de traballo en común. A Goleta será coma o noso Cerco Real.

        4º Se despois de tanto arrebato verbal, non hai quen queira prescindir dunha parte dos seus aforros para construirmos a Goleta Popular, será porque non falabamos a verdade e non somos merecentes dela.

        5º Comentario derradeiro: California, a terra do ouro e do Silicon Valley, está en ruinas. O seu Gobernador, Arnold Swarzenegger prometera en campaña a maior baixa de impostos que viran os séculos. O eleitorado deixouse querer. Agora non hai un can para salarios e servicios públicos e proxectos comunitarios e os os californianos bótanlle a culpa ao Goberno Federal. A culpa, din, é de Obama.

        1. Goleta
          Non deixa de ser curioso tanto comentario en contra da construcción da Goleta na páxina da Federación Galega pola Cultura Marítima e fluvial cando debera ser o contrario; tería que ser un aluvión de comentarios a favor da súa construcción. Fai dous anos a consellería de cultura organizou unha feira do libro na Habana, para 15 dias e custou 2 millons de euros, non houbo ningún comentario dicindo que estaban mellor empregados en recuperar embarcacions tradicionais e a dirección da FGCMF non dixo nin pio, (claro viaxaron a Brest de valde coa conselleira de entonces festa e parranda barriga chea e non interesa protestar); pero faltoulle tempo para opoñerse e suxerir que se gastaran noutra cousa namais coñeceron o proxecto da Goleta.
          O proxecto DORNA son 1,9 millons de euros e ninguén di nada como tamen andan polo medio, viaxes por toda a fachada atlántica charlas, comidas e merendas ¿non sería mellor gastalos en axudas diretas o sector da carpintería para mellorar as súas instalacions? que é do que se trata.
          A Galicia cantábrica tamen existe e os proxectos para ser bos non teñen que ir baixo o palio da FGCMF que en todo caso o que tería que facer é apoialo sin mais.
          O estado español leva 30 anos de diferencia con Europa pero os Galegos levamos 50, perdemos un ollo para que o veciño perda os dous e alegramonos do mal alleo, damos pena e así nos vai.
          PERDIMOS UN BARCO E UNHA OPORTUNIDADE DE MOSTRAR O BO FACER DOS NOSOS CARPINTEIROS DE RIBEIRA.
          A prensa mais concretamente o xornaliño defendendo o vasco e a súa reclamación, seguimos dando pena.
          1,8 millons de euros na Goleta son cartos ben empregados e non supon nada para presuposto da Xunta, temos que ter unha maior amplitude de miras.

          1. A FGCMF non ten por costume usar os comentarios neste web para comunicar a súa postura sobre ningún tema, pero nesta ocasión dado que se fai unha alusión directa á súa Xunta Directiva (XD) pensamos que é necesario aclarar algúns puntos:

            A XD traballa soamente en cuestións relacionadas co patrimonio marítimo e fluvial, non se considera capacitada para analizar e criticar cada gasto que faga a Xunta de Galicia. A FGCMF, como federación que é, está formada por xente de moitas zonas de Galicia, pertencentes a moitos colectivos sociais e políticos e por tanto desde a XD tense especial coidado en manter unha neutralidade política escrupulosa. As nosas relacións “políticas” son co Goberno de Galicia, non cos partidos que o poidan formar. Foise a Brest no 2008 como parte da delegación de Galicia como pais invitado, como se foi na mesma situación no 2000 a Douarnenez, e noutras ocasións foise aos mesmos sitios como participante co apoio oficial da Xunta de Galicia.

            Respecto de que fose de “balde, festa parranda e barriga chea”, simplemente non é certo. Non soamente calquera que saiba de barcos sabe o traballo que supón desprazar 25 embarcacións máis de 1500 km, senón que todos os membros da expedición, incluída a Xunta Directiva, ademais do traballo cos barcos, tiveron que paliar os danos causados polo temporal da primeira noite, fixeron quendas para atender os stands, e ata tiveron que pagar unha pequena cantidade para poder ir a Brest co obxecto de representar ao seu país na maior festa marítima do mundo. A comida e a durmida foi a mesma que a organización ofreceu ás delegacións e voluntarios participantes.

            Respecto do Proxecto Dorna, A FGCMF é asociado ao proxecto por invitación do promotor, a Deputación da Coruña, somos asesores, pero non podemos cobrar un euro de DORNA, nen sequera os gastos dos numerosos desprazamentos que temos que facer para asistir ás reunións, que teñen que ser soportados pola FGCMF. A Asociación Galega de Carpinteiros de Ribeira participa no proxecto en calidade de expertos, e se AGALCARI colabora co proxecto é porque entende que é unha boa forma de defender os intereses das carpinterías de ribeira de Galicia.

            Os fondos do Proxecto Dorna proveñen de programas europeos e dos propios socios participantes (a FGCMF non é socio) e están destinados para proxectos en Portugal, Galicia, Pais Vasco, e Escocia. Por definición os programas europeos non permiten as axudas directas polo que non se poden dar eses 1.9 millóns de euros ás carpintarías. A FGCMF apoiou o proxecto porque esperamos que poida ser un avance na dirección da protección e promoción do patrimonio marítimo e especificamente das carpintarías.

            Non consideramos que só o que faga a FGCMF é bo, de feito hai varias asociacións e institucións en Galicia que non pertencen á FGCMF e que están a facer unha labor moi meritoria, e sempre que sabemos de actividades destas asociacións procuramos difundilas e apoialas, porque cremos que todos poden aportar algo de valor para o futuro da cultura do mar e dos ríos, e como exemplo a difusión da noticia da construción dun traiñón por Mar de San Ciprian, ou o traballo a prol do patrimonio que fan algunhas Confrarías.

            A FGCMF foi consultada por Portos de Galicia antes de decidir a construción da goleta sobre o tipo de barco a construír, nesa xuntanza os representantes da Federación transmitíronlle a Portos que considerábamos mellor apoiar a ducia de iniciativas xa en marcha e xa en problemas a causa da crise, que crear un novo proxecto. En ambos casos os cartos destinados por Portos deberían servir para dar traballo aos estaleiros galegos, xa que é neles onde se fan e reparan os barcos de interese patrimonial.

            Portos de Galicia é quen decide a construción da goleta e é Portos quen decide non seguir adiante co proxecto.

            Por último, reiteramos a política deste sitio web, calquera pode dicir o que queira, sempre que non insulte e se identifique se fala de terceiros. Neste caso facemos unha excepción desta segunda cuestión pola transcendencia do tema.

            A xunta directiva da FGCMF

          2. Por fin entrache Mestre. O club do mar ferrol por primeira vez na historia da federacion non participou na anterior asemblea da FGCMF, e non tivemos polo tanto coñecemento, de que tomara a dita asemblea determinacion algunha,nesto que tanto mobiliza a tantos galegos, “agardo que sexa para ben”.metome neste lampaceo, ignorando que a nosa federacion collera tan axiña o poder que ate hoxe negouselle, e fora quen de influir de forma tan manifesta, na“festa”, descoñecendo si foi quen de manifestarse dunha nova tan importante como a a non construccion da Goleta do Norte, costa e mar tan loubada por nos os de Ferrol,que tantos anos votamos defendendo, e intentando que os nosos compañeiros do sur entendan, a falta de interes asociativo das asociacions e institucions do norte galego. Dito o que dixen paso directamente a poñer a parir a ese-s energúmeno-s que confunde a FGCMF, coas asociacións satélites, que poideran ter os partidos en Galicia, así como os representantes políticos na comisión que pode verse no enlace do video, na que ó tempo que presentaba ó goberno galego un proxecto,pedia non telo en consideración, así como a triste alternativa dada polos representantes da oposición, que non aprobeitaron, a unha única lucidez dunha institución Galega referente a ó noso, para apoiala a cambio de unha proteccion,con papeis e cartos, primeiro a os que dunha maneira ou de outra, formaron empresas,(crendo que aínda quedaban galegos cultos, e que aínda pode que algún formase parte das institucions), empeñando a sua vida e patrimonio como foi o caso tan escandaloso do Hidria, empresa que propoño presentala a todo canto premio haxa relacionado con iso que chaman I+ D Principe das Españas ou ben ao Novel da Paz, ou cando menos ao premio que recibiu o Toxeira ise, que feneceu, ó do Gas de Ferrol, ou se non a algun desos programa de superviventes da tele, pois istes amigos-compañeiros ainda que son barbaros do sur, e roibos como a nosa raza de vacas e bois, ainda conservan a educacion e sensibilidade,virtudes mariñeiras que a pesares da guerra contra eles( que nos esplicaran o dia que desclasifiquen documentos) ainda asi confio transmitan a os seus pequenos tripulantes ditas virtudes, sendo un exemplo que tiñan de seguir “outros ilustres anonimos e galegos”, que son mais galegos que os demais, pero que consideran que o uso da sua cultura na faciana escrebida e supoño que falada,e moi caro tal e como é, por iso das traducions, quedo tranquilo porque xa o director, do noso xornal libre e aberto, como e a nosa paxina guehebe, clarificou e puxo no seu sitio a a ese-s latriqueiros, que pensan que a nosa federaccion e candidata nalghun tipo de eleccions, e aproveitan os seus canles de difusion,para de forma clandestina difundir o que non son quen de facer nin nos xornais que teñen comprados, nin en nengunha parte, e aínda son menos de dar a cara, e por certo os membros das asociacións e directivos que forman a nosa federacion non estan vendidos a ninguen, dan traballo as nosas empresa de carpinteria de ribeirae son plurales, e no seu curriculun politico figura tomar copas e facer viaxes con todo cristo,pero sempre coa sua conducta de voluntariado, e preparadevos poi con ise poder que nos estades dando, se cadra vos poñemos onde sempre estivechedes, no CARALLO. Para o resto dos decentes- dicentes seguide opinando de forma correcta como estades facendo
            Dende Montecuruto Ferrol
            Un tal CESAR BEDOYA DIAZ de momento sen foto

          3. Por alusións.
            Creo que o comentario sobre a presencia da FGCMF en Brest e ofensivo e soio pode vir de unha persóa con absoluto descoñecemento de como se foi e estivo en Brest e da propia actitude da FGCMF dende a súa creación.
            Como ben di o mestre, a FGCMF non representa ningunha corrente politica e a súa composición non esta suxeita mais que a militancia a prol da Cultura e o Patrimonio Maritimo e Fluvial.
            Dende sempre, incluindo Brest, a FGCMF nas súas actuacións caracterizouse pola austeridade, e criterio de maximo aproveitamento dos escasos recursos economicos dos que dispoñía, ben certo que pola precaridedade de medios que sempre non acompañou, Brest non foi unha excepción.
            A FGCMF non lle cumpre falar das actuacións dos politicos do pais, excepto claro, esta que sexa no eido da CMF.
            Si os que tivemos a honra de pertenecer a FGCMF ben sexa como membros de Xunta Directiva ou como simples militantes activos, sempre estivemos moi cheos da nosa independencia respecto de quen gobernara, tratamos con todolos gobernos, cada dous anos celebrase un Encontro e en todos eles a colaboración da Xunta e fundamental, vota contas.
            Eu sei que é moi dificil que todo mundo entenda esto, pero eso non quita como son as cousas. Tamén teño claro que do traballo que desenvolvemos dende a FGCMF beneficiouse (si se pode decir así) todo o xenero asociativo e non asociativo que está o seu redor e por eso oo fixemos.
            Admito criticas o feito, creo que axudan a meiorar sempre que sexan positivas, pero os insultos ou comentarios insultantes non me fan chiste. Por eso ainda que soio fora un, contesto.
            Fernando Piñeiro. Presidente da FGCMF no periodo Brest 2008.

        2. Que razon tes, o mais importante dese proxecto e o de lograr que os carpinteiros se puxeran de acordo para levalo a cabo.
          Noutros sitios fixose algo parecido, e agora eses asteleiros non dan feito da carga de traballo que teñen.
          Non sabemos mirar para diante, creemos que con pegarnos ao antigo somos mellores, e eso e un atraso.
          Si hay que poñer diñeiro, tempo e traballo, para leva-la diante un barco asi, eu estou disposto a empezar maña mesmo.
          un saudo
          Moncho

          1. Pois eu vendoche o Hidria pola mitade, e xa está feito e con papeles. Non sei pero me parece que sodes un pouco inxenuos confiando en Portos de Galicia, nos fixemolo e derenos ven por donde sabedes e a cantidade de cartos era moi pequena. Si o que queren e axudar o patrimonio maritimo que o fagan primeiro cos que xa están feitos porque tamén teñen que ser restaurados e pasar inspección e varar todolos anos. Facer unha goleta non está mal, pero e inmoral ignorar os que xa están feitos con moitos esforzos e poñerse a facer un, e ademáis facer mal o concurso público e que se poidan presentar astilleros de fora. Logo da medo pensar que si cando non teñen barco costa tanto conseguir un programa da Xunta que pasará cando teñan barco.
            Que iban a facer cando tivesen o barco terminado, iban a estar 5 anos sin darlle atraque como fixeron con nos?. Creedes de verdad que si lle importase o patrimonio farian eso. Eu non podo creelo por moi bonito que parezca. Por outro lado o mantenimiento dun barco coma ese en mans dun organismo disparase, eu conozco 2 casos e ronda os 400.000 euros o ano. Nos cando temos que facer longas navegacións buscamos voluntarios para facelos turnos, cando se trata de organismos poñen 3 tripulacións por exemplo, e non vai limpar o patente o presidente de portos como facemos nos.
            Despois de todo o que máis me doe é que 20 días antes de sacar a concurso a construcción da goleta a nos botaronnos un traballo abaixo por 77000 euros 5 cinco dias antes de empezalo e por telefono. Seguides creendo que lle importa o patrimonio maritimo.

  7. Forma e fondo.

    Probablemente sexa difícil nun único comentario salientar todo o que debe ser salientado. En calquera caso, compre sempre ser cautos á hora de sacar conclusións cando non temos todos os elementos de xuízo e no mar, a liña recta non existe, faremos ortodrómica o loxodrómica. Isto ven a conto porque probablemente o fondo da cuestión, eis as negociacións que AGALCARI, como asociación de Carpinteiros de Ribeira, está a facer con cantas institucións existen para manter VIVO o seu oficio levoulle petar en todas as portas. Unha delas, pero non a única, foi a de Portos de Galicia. Como ben sabedes moitos, Xerardo é unha persoa cun espírito emprendedor loable, e non parará ata facer do seu saber facer unha profesión recoñecida e con futuro. O obxectivo de Portos, o FONDO, era e é apoiar a Carpintaría de Ribeira Galega a través dun plan de actuacións que incluía, ENTRE OUTRAS, a construción didáctica dunha embarcación. Exemplos como a famosa Recouvrance que moitos observamos no Ferrol o como a Hermione que aínda está no cala seca en Rochefort,por non falar dos moitos exemplos holandeses.

    Se cadra a pregunta que nos debemos facer é, como un proxecto de interese derivou ata naufragar?. Hai sen dúbida un problema de xestión de tempos e FORMA por parte de Portos bastante grave que lles debe facer recapacitar: seica houbo un moito de soberbia e moi pouco de coñecemento.

    O problema non é tanto a Goleta como a oportunidade perdida de promoción da carpintaría de ribeira, algo que a TODOS nos debe preocupar: sen carpinterios non hai barcos. Non é unha tontería. Na Bretaña francesa hai na actualidade 81 carpintarías pero escasos carpinteiros de ribeira: fanse reparacións pero non hai profesionais que teñan o saber facer da construción. Se en época de crise, que agardemos sexa coxuntural, onde a administracion está a axudar a todos os tecidos produtivos, poñemos a caldo a promoción dun sector relaciondo co mar, mal imos.

    Penso que o que deberíamos facer é exisir da administración dúas cousas ben claras: a) dunha vez por todas o recoñecemento do valor cultural das embarcacións e b) que se axude as carpintarías de ribeira como se está a facer con outros sectores. Pero tampouco debemos esquecer que para ambos, hai xa camiño feito: temos a declaración de Xixón e o estudo que se fixera polo CETMAR sobre a situación das carpintarías de ribeira. A Federación, pola súa implantación, debe ser garante para que estes obxectivos esten sempre presentes nas liñas estruturais que tomen as administracións (e non nas cousas coxunturais).

    Engadir tamén que Federación, grazas a súa labor continuada dende hai case vinte anos, é o INTERLOCUTOR, rol gañado a pulso e que non debemos esquecer e que fan que a Federación “non camiñe sola” e, por suposto, ten o respecto internacional gañado tanto pola súa presenza en eventos como Brest, Douarnenez, Seixal entre outros eventos e tamén, na súa participación en proxectos internacionais como DORNA ou, máis recentemente como membro do Comité Executivo de EMH. En todas elas fanse contactos e extraense conclusións necesarias para interpretar a nosa situación e, co bagaxe do feito, preparar o futuro.

    FGCMF e AGALCARI posúen moitos campos e obxectivos comúns; ambas deben apoiarse e, en tempos grises, máis ca nunca, hai que ter claros os obxectivos e os compañeiros de tripulación. As singraduras cara a eles poden marcar roteiros diferentes, as veces mesmo contraditorios, pero se perdemos eses obxectivos, certo é que perderase ese papel de interlocutor.

    1. Ola Pablo, acabo de le-la tua opinión, e a túa polo menos é moi reflexiva, moito máis ca de outros anteriores a ti que si por eles fora púñanlle a esa Goleta unha “Gaivota” de mascarón de proa.
      O que dices, compartoo ata certo punto, porque o que as carpinterías de ribeira se mantéñan a flote non dependerá a medio-longo prazo das administracións públicas senón da iniciativa privada, entendendo a iniciativa privada coma “consumidores” de barcos que manteñan a cadea de producción en activo (polo menos a meirande parte do ano), e eses armadores privados son FUNDAMENTALMENTE os armadores da pesca e en moita menor medida os propietarios que queiran ten unha embarcación de lecer de madeira. Pero, e ahí é onde ven o absurdo, foi a propa administración autonómica a que PROMOVEU (algo moi diferente de soamente apoiar) o cambio da madeira ó poliester, e velaí comenzou a morte das carpinterías de ribeira.
      Que agora veña a propia administración autonómica rexional (rexional Sí, porque non teñen mentalidade de país,e onde por non ter, nin siquer se expresan en galego e polo tanto NON SINTEN EN GALEGO) a tentar dar unha puntada illada pra tentar recoser o pano que previamente eles racharon é, cando menos, incongruente por falar dun xeito políticamente correcto. iso é como si pra soluciona-la crise do naval encargamos un Ferry a Barreras!
      Por non falar dos requisitos dos planos asinados por técnico facultativo que lle piden a un particular pra facer unha embarcación nova, e que foi o que matou (eu son testigo presencial diso porque o vivín) ós pequenos carpinteiros que cas primeiras multas por infrinxiren o infausto regulamento ainda en vigor, que optaron por xubilárense e os seus aprendices ou operarios novos que tiñan con eles na carpintería reconvertíronse a carpinteria de terra (boom do ladrillo) ou a industria do naval, e incluso moitos deles buscaron traballo nos estaleiros de poliester… Curiosamente din as linguas do pazo onde fica a DGMM que foron certos e coñecidos empresarios dese sector dos barcos de plástico os que presionaron para que se aprobase ese regulamento e que a xente deixar de mercar embarcacións de madeira que ata daquela eran máis baratas (en Galicia) cas de poliester… e daí ven a falta de carpinteiros de ribeira menores de 40 anos de idade hoxe en dia.
      Non me vale o exemplo da escola obradorio Mar de Vigo, porque está mal enfocada académicamente: en ves de face-la unha formación profesional máis igual ca un carpinteiro de terra, ó facela escola-obradoiro, queda rextrinxida a menores de 25 anos con certos problemas de adaptabilidade escolar, o que fai que a sociedade a perciba coma uns estudos de segunda opción, o non dárenche un título de técnico medio ou superior de F.P.
      Por iso cando falemos de carpintería de ribeira hai que distinguir entre os pequenos talleres dun operario, que son os que podían chegar a vivir das embarcación tradicionais, (gamelas, dornas, etc)coma antes, e os pequenos estaleiros que ainda que pequenos, xa son estaleiros, vamos, que pra bota-las suas embarcación nonas cargan nun tractor senon que xa teñen unha rampla.
      Saudos e saude a tod@s.

Comments are closed.