Portos restaurará as ramplas de Beluso

Hai dúas semanas Portos de Galicia presentou publicamente o proxecto para recuperar as ramplas da praia de Beluso. Estas antigas ramplas estaban deterioradas e xa houbera unha petición de Anduxía para que se restaurasen.

Na petición Anduxía solicitaba que a Dirección Xeral de Patrimonio supervisase as obras porque as rampas son restos das fábricas de salga que había na praia. Este caso tamén sucede en moitos outros sitios, onde hai rampas e pequenos peiraos e outros elementos do noso patrimonio marítimo que daban servizo ás salgaduras e que agora faltos de función están a sofrer un deterioro visible.

(Imaxe Anduxía, tomada do Faro de Vigo. Vía Os galos)