Precísanse espazos axeitados para os barcos

Moitos dos barcos tradicionais non pasan o inverno no mar. É preciso invernalos en terra, e por desgraza son poucas as asociacións que dispoñen de locais onde protexer e restaurar os seus barcos. A ACD Dorna, unha das que máis barcos ten está de prestado nunha vella fábrica de conserva en Vilaxoan, á espera de que se poida construir unha nave na Illa que dea cobertura a Dorna e a Escola de Piraguismo.

Neste tema hai unha boa noticia, Amigos da Dorna Meca, que ata agora tiña cedida polo Concello do Grove unha pequena caseta de madeira en Confín, vai asinar un convenio co concello para ratificar a cesión da caseta e para recibir en cesión un importante espazo no Pavillón dos Deportes Náuticos en pleno Porto do Grove.

En tempos de crise é complicado conseguir financiamento público pero sempre é posible reutilizar espazos públicos infrautilizados para dar acobillo a barcos que sufren moito os danos causados polas choivas e temporais do inverno.

(Foto ACD Dorna)

Un comentario sobre “Precísanse espazos axeitados para os barcos

  1. Agora tamén estaría ben que o Concello do Grove lles deixara un sitiño no Pavilló ós do Piragüismo Ogrobe, pero iso é máis complicado… 😛

Comments are closed.