Preocupación en Sueste polo futuro dos estaleiros de Carlagho e Casqueiro en Moaña

Non está claro que vai pasar cos estaleiros tradicionais de Moaña. Logo de que o Pleno de Moaña rexeitase o plan inicial que eliminaba o acceso ao mar dos estaleiros porque collía seis metros do seu terreo lindantes co mar, o Concello parece que decidíu seguir adiante co proxecto pero modificando o plan inicial, por un lado faríase por tramos para evitar a perda da subvención para a construción e por outro pretende seguir negociando cos propietarios dos estaleiros, quen xa se negaron por completo a renunciar a eses terreos, ao tempo que se solicitou a Costas que acepte a construción dunha pasarela de madeira sobre o mar cunha ponte que permita o acceso dos barcos aos estaleiros como se propoñía nun proxecto alternativo.

Os membros da Asociación Sueste están preocupados porque non hai información pública sobre o deseño exacto desa pasarela e porque, segundo publicou o Faro de Vigo, o Concello non desbota a posibilidade de pedir a caducidade da concesión do dominio marítimo-terrestre que teñen os donos dos estaleiros ata 2018, ou en todo caso agardar a esa data para levar adiante o plan inicial que elimina o acceso ao mar dos estaleiros. Diante desta situación Sueste solicitou unha reunión co Alcalde de Moaña e ainda non obtivo resposta.

Os estaleiros de Carlagho e Casqueiro son un importante patrimonio de Moaña. A súa desaparición suporía unha perda importante para os veciños de Moaña e para todos os amantes do patrimonio marítimo. As mesmas razóns que levaron á Xunta de Galicia a incluir no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia o Estaleiro da Banda do Rio (Purro) en Bueu son totalmente aplicables no caso de Moaña.

Desde a FGCMF esperamos que se chegue a unha solución que permita a construción do Paseo marítimo, cousa á que tamén Sueste e favorable, pero sempre respetando e poñendo en valor dous dos escasísimos estaleiros que quedan en pleno núcleo urbano en Galicia.

Noticias relacionadas no Faro de Vigo:

20.10.2014 Sueste lamenta que el Concello no les informe sobre el paseo de Seara y cómo afectará a los astilleros

28.09.2014 Sueste insiste en que el nuevo paseo de Seara ponga en valor los astilleros de Casqueiro y Carlagho.

17.09.2014 Moaña completará su paseo marítimo tras sellar la inversión de 450.000 euros de la Xunta

05.09.2014 El paseo de Seara sorteará los astilleros con una pasarela sobre el mar

16.09.2014 Ethel Vázquez y Rosa Quintana firman en Moaña el convenio del paseo de Seara

22.06.2014 Presentadas 8.000 firmas para que el Concello de Moaña ejecute el proyecto del paseo de Seara

09.06.2014 Vecinos de Moaña defienden en la calle la conservación de los astilleros tradicionales

(Imaxe: estaleiro de Carlagho, tomada de Sueste)

Etiquetas

Un comentario sobre “Preocupación en Sueste polo futuro dos estaleiros de Carlagho e Casqueiro en Moaña

  1. Ainda se esbanja o dinheiro em passeios marítimos em vez de em depuradoras? A ver quando se acabam de vez as ajudas europeas…! Ainda ficam marulos sem o seu passeio marítimo ou fluvial?

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *