Preparando Brest 2012

Mañán cargamos para Brest. Este ano a nosa presenza en Les Tonnerres de Brest 2012 é pequena, se comparamos co 2008, pero ainda así a expedición oficial consta de 17 persoas, entre elas dúas redeiras que farán demostracións do seu traballo, catro barcos, e unha exposición sobre a pesca da sardiña e as lanchas do xeito. Xunto a expedición oficial vai máis xente por libre pagándose íntegramente a viaxe e a estancia en Brest e que tamén van botar unha man nos traballos no mar, atendendo o stand e nas demostracións de encascado de aparello que se van facer.

Todo esto faise con financiamento da cidade de Brest e coa axuda económica que Artesanía de Galicia (Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño) dou para poder ter con nós a dúas redeiras profesionais, ademais do préstamo de material do Museo do Mar de Galicia. Pero con todo, a nosa presenza en Brest cústalles cartos a todos os que van estar alá representando a cultura marítima de Galicia.

5 cometarios sobre “Preparando Brest 2012

  1. Que a vossa/nossa presença em Brest seja o testemunho vivo de que os barcos estão vivos e presentes.
    Que o mar nos corre no sangue, mesmo contra aqueles que pensam que barcos mar e cultura maritima se aprende nos livros e museus.
    boa singradura.
    João, Barcos do Norte

    1. Obrigado João, os nosos/vosos barcos navegarán na rada de Brest e faremos porque sexa coñecida a cultura do mar da Galiza e do norte de Portugal.

      1. Quen financia ir a Brest?. Porque vin unhas fotos que parece que van os barcos pola súa conta, a nivel particular

        1. O financiamento da presenza da FGCMF en Brest provén da Cidade de Brest, ademais dunha axuda económica de Artesania de Galicia para poder ter alí dúas redeiras profesionais.

          Os barcos non tiñan unha identificación da Federación como tampouco a tiñan as persoas que ian na expedición. A explicación é que non hai cartos para facer camisetas nin grimpas para os barcos. Sabemos do importante que é ter identificacións, pero non foi posible.

          De todos modos hai que decir que os nosos barcos eran facilmente identificables, non hai outros con velas de relinga, nin outro que se pareza á gamela. O “speaker” que comentaba pola megafonía os barcos que pasaban non dubidou ao ver a Jatiña que era un barco “de la Galice” e estivo máis de 10 minutos falando sobre os nosos barcos e Galicia.

          1. Non fai falla camisetas nin grimpas para demostrar que con esforzo e traballo colectivo luceu o stand galego en Brest coma se fose o de Omán que ise si que non semellaba afectarlle tanto ……….a pesar da choiva,a pesar de que non había panfletos en francés ,a pesar do escaso presuposto eu que estiven presente vin como a ilusión e as ganas de traballo cada día estaban presentes en todos e cada un dos membros e os barcos sairon a navegar tódolos días naquela ensenada fantástica coma se das mellores goletas se tratase ,ata se fixo un picoteo cea nos barcos con convidados croatas e todo e non digamos xa da navegación nocturna ¡¡¡¡¡os barcos galegos do melloriño ¡¡¡¡

Comments are closed.