Preparando os barcos para a temporada


Xa se sente o tempo de primavera e xa empezan os traballos para poñer os barcos en condicións de navegar.
Algúns como a ACDX Fasquía están a reparar os danos ocasionados por un dos últimos temporais. Na foto os traballos na dorna Sobrada. Outros como os Mariñeiros de Bouzas están a carenar, e outros como a ACD Dorna están a pintar, repoñer pezas, e todo o que faga falta para que pronto os barcos poidan ir ao mar.
Logo está Rompetimóns, que xa teñen o 14 de Outubro en perfecto estado, como novo e con nova imaxe, recuperado do accidente do verán pasado.

Etiquetas