Preparándose para o Desafio Atlántico 2009

[img_assist|nid=10260|title=|desc=|link=popup|align=none|width=380|height=285] O vindeiro 3 de maio vai partir de Vigo o Desafio Atlántico de Grandes Veleiros (Tall Ships Atlantic Challenge) 2009, a antiga Cutty Sark, que tomará rumbo a Tenerife, logo atravesará o atlántico e despois de pasar por Bermuda, Estados unidos e Canadá arrivará a Belfast en Irlanda do Norte.
Con motivo deste evento barcos dos colectivos da FGCMF van estar en Vigo do 30 de abril ao 3 de maio, e a propia Federación terá un stand cunha exposición e material divulgativo para os visitantes que queiran achegarse a ver os veleiros.
Este sábado os barcos grandes da ACD Dorna fixeron a travesía de Arousa a Vigo. A Irmandiña, a Nova Marina e a Peza de Rabo xa estan neste momento en Vigo, logo dunha viaxe con moi pouco vento e algo de mar de fondo.
Nas fotos podedes ver os traballos de aparellamento da Irmandiña no Xufre o pasado venres, logo de que remataran os traballos de mantenemento do casco feitos días antes.
[img_assist|nid=10261|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=75][img_assist|nid=10262|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=75][img_assist|nid=10263|title=|desc=|link=popup|align=left|width=100|height=75]

[img_assist|nid=10264|title=|desc=|link=popup|align=left|width=70|height=100][img_assist|nid=10265|title=|desc=|link=popup|align=left|width=75|height=100][img_assist|nid=10266|title=|desc=|link=popup|align=left|width=75|height=100]
Etiquetas

3 cometarios sobre “Preparándose para o Desafio Atlántico 2009

  1. Eló o Luisma e maila Jatiña, que foron os primeiros en chegar (co permiso do Evangelina)

Comments are closed.