Presentación do libro “Onde se vive o mar” e inauguración da Mostra




O pasado día 5 de outubro inaugurouse a Mostra Onde se vive o mar e presentouse o libro Onde se vive o mar. Pequena guía de embarcacións.
O acto foi presidido por Carmen Gallego, Conselleira de Pesca e contou coa presencia do autor do libro, Lino Prieto, do Presidente da FGCMF, do Presidente do Club Náutico Sanvicente, do Alcalde do Grove e de Francisco Fernández Rei.
O libro é un publicación de 31 páxinas, a color, que recolle información sobre os barcos presentes na Mostra e algúns máis. Pronto estará a venda.
Mais información no Faro de Vigo, no Diario de Arousa e en TodoGrove.com.

Etiquetas