Presentación do proxecto de construción da Nao San Juan no Saló

Mañá sábado 28 de setembro ás 12:30 h Xabi Agote, o presidente de Albaola, vai presentar no Saló Nàutic de Barcelona o proxecto de reconstrución da Nao San Juan, do que xa temos falado anteriormente. A presentación terá lugar no Espai del mar no Moll de la Fusta.

Albaola tamén ten un stand no Saló, onde os interesados poderán atopar información sobre o seu proxecto estrela, e sobre a súa longa traxectoria no estudo e difusión da cultura marítima vasca.

Etiquetas