Presentación do proxecto de recuperación do Galeón de Abelleira

O vindeiro sábado 12 de decembro ás 17:00 h no local social de Sorribos vai ter lugar a presentación do proxecto para a recuperación do Galeón de Abelleira, e do Grupo de Traballo que o leva adiante.
Ademais da presentación do proxecto haberá unha charla en torno á cultura marítima e principalmente sobre os galeóns, coa participación de Jesús Blanco, autor do libro Guia das embarcacións tradicionais galegas, José Luís Iglesias, o patrón do galeón Nuevo Sofía, ambos membros da Rabandeira de Vilanova, e Victor Fernández, presidente da FGCMF.
Logo haberá unha proxección do DVD “A botadura 2009” sobre a botadura da buceta da A.VV. A Ostreira. E o evento rematará cunha mexiloada.

Etiquetas