Presentación oficial do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Muros 2009

[img_assist|nid=10658|title=|desc=|link=none|align=none|width=400|height=333] Onte, 9 de xuño, tivo lugar no Museo do Pobo Galego a presentación oficial do IX Encontro.
Participaron nela Jose Ramón Lete, Secretario Xeral para o Deporte, Domingos Dosil, Alcalde de Muros, Pablo Villamar, Vicepresidente da Deputación da Coruña, Nava Castro, Directora Xeral de Comercio, Pablo Carrera, director do Museo do Mar de Galicia, Manuel Garcia Sendón, presidente do Comite organizador, e Victor Fernández, presidente da FGCMF. Non puido asistir como estaba previsto a Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro por cuestións de axenda.
No acto púxose de manifesto o compromiso das administracións coa celebración do IX Encontro, pola aportación económica, e pola actitude proactiva co Encontro e en xeral coa promoción das actividades ao redor do patrimonio marítimo e fluvial.
Tanto por parte da Xunta como da Deputación de Coruña mostrouse unha boa disposición a seguir no camiño iniciado xa hai tempo de apoio á iniciativas relacionadas co mar e os rios e que se plantexen con visión de futuro.

Máis información en:
Deporte Galego
La Voz de Galicia 1 e 2
A Nosa Terra
CulturaGalega.org

Etiquetas