Programa definitivo do IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia


Xa está disponible o programa definitivo do IX Encontro. Como podedes ver a oferta é ampla e variada. Hai actividades no mar, en terra, para maiores, para nenos, deportivas, artísticas, etc. En definitiva, intentouse que a oferta fose do agrado do maior número posible de asistentes.
Os organizadores agradecen que quen poida poña un banner, ou outro método, para axudar á difusión deste programa e do Encontro (quen queira pode utilizar o que usamos neste web).

Etiquetas