Prolóngase o cursiño de carpintería de ribeira dos Patexeiros

A petición de varios dos alumnos da 3ª edición, os Patexeiros van prolongar durante 4 xornadas máis o Curso de Carpintaría de ribeira. Nas xornadas xa realizadas estiveron construindo unha buceta do norte, e agora mesmo faltan por realizar as operacións de colocación de trancanil e sorraina, botar a cuberta e colocar as tracas do forro, colocación de fogonadura, tinteiro, etc.

Unha oportunidade para quen non puido apuntarse anteriormente, ou para os que chegan novos ao mundo da carpintería de ribeira. A data límite para apuntarse é o 13 de abril.
Esta é a información que nos deron sobre estas novas xornadas:

Etiquetas