Proxecto Áncora. Muller e turismo mariñeiro

A Fundación Paideia Galiza, en colaboración coa Asociación de Desarrollo Local Deloa, puxo en marcha o Proxecto Áncora, co obxectivo de fomentar o desenvolvemento sostible do sector pesqueiro e do turismo rural nos territorios obxectivo. Ademais busca alentar o protagonismo da muller no desenvolvemento socioeconómico e na protección do medioambiente, polo que a posibilidade de xeración de emprego femenino terá especial atención na identificación de iniciativas de turismo pesqueiro.

As destinatarias do proxecto serán traballadoras en activo pertencentes ao sector pesqueiro e o turismo rural das comarcas de Barbanza, Sar, Muros e Noia, e das súas comarcas limítrofes nas provincias de A Coruña e Pontevedra así como traballadoras en activo pertencentes ao sector pesqueiro e o turismo rural de Cantabria.

O pasado 20 de abril tivo lugar a primeira xornada dun congreso que terá en maio a súa segunda xornada, e no que estiveron presentes ponentes como Gerardo Triñanes, o presidente de Agalcari, ou o Emilio Louro, o secretario da Confraría de Lira. Deste último publica La Opinión unha entrevista.

Ademáis do Congreso o proxecto elaborou unha Guía para o desenvolvemento de iniciativas pesqueiras e un Manual de boas prácticas ambientais no turismo pesqueiro e por último organizará unhas xornadas de formación presenciais.

Etiquetas