Proxecto WOOBTA. Presentación de resultados

O vindeiro martes 10 de xullo de 10:00 a 13:00 no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela vai ter lugar a presentación de resultados do proxecto WOOBTA “Wooden Boatbuilding Training Association”, organizada polo CETMAR.

Realizará unha visita guiada á sala do Mar, na que se presentarán as maquetas de embarcacións tradicionais de Bretaña, Cornualles, Suecia e Galicia construidas polos alumnos do Centro de formación A Aixola. Posteriormente realizaráse unha exposición do estudio “A formación en carpintería de ribeira en España, Francia, Suecia e Reino Unido”, seguida dun debate.

Estarán representados na presentación os socios: Centro de formación A Aixola; Ateliers de l’Enfer (Douarnenez, Francia); Falmouth Marine School (Falmouth, UK); Skeppholmens Folkhögscola (Estocolmo, Suecia). E as entidade asociadas: AGALCARI – Asociación Galega de Carpinterías de ribeira; Consellería do Medio Rural e do Mar; Mutua dos Pescadores (Lisboa, Portugal).

A asistencia á xornada é gratuita e contarase con traducción simultánea galego-inglés para a presentación do estudio e debate. O aforo é limitado polo que piden confirmación previa da asistencia en woobta@cetmar.org ou no telefono 986 838 033

Etiquetas

3 cometarios sobre “Proxecto WOOBTA. Presentación de resultados

  1. É unha pena que sendo un proxecto a nivel europeo non contemplen a posibilidade de difundir via Internet a conferencia en directo, para que poidamos asistir moitos máis interesados no tema.

    Non é tan difícil facer un Webcast ou un Webinar. Hoxe en día podemos presenciar, escoitar e incluso participar en tempo real via Internet. Que ainda que somos talibáns coidando, restaurando e navegando en barcos de madeira, todos temos un ordenador e Internet na casa (a maioría)

    A ver se se vai tomando nota. Porque supoño que non todo o mundo pode asistir a unha conferencia a x km de distancia, un martes ás 10 da mañán. Ainda que como cada vez hai máis parados igual xa supoñen que estamos o 100% da poboación.

    1. Non creo que pensen que estamos no paro o 100%, simplemente penso que está organizado por FUNCIONARIOS…

    2. Tomamos nota do interese, e nos apoiaremos máis na difusión on line cando sexa posible.
      A xornada ten unha componente de divulgación e outra de transferencia de resultados ás Administracións implicadas na formación e as cualificacións. Para a a divulgación ao público xeral todos coincidimos en que o horario de tarde é máis axeitado. Para a transferencia ás Administracións de pesca, educación e traballo é mellor escoller a mañá. Iste foi o motivo de escolla do horario e non outro.
      Por último, estaremos encantados de enviar os enlaces aos informes e as presentacións que se colgarán en internet.
      Podedes enviar o voso contacto a woobta@cetmar.org solicitando información dos resultados.
      Por último, o que me levaría a pensar que alguén non ten modales non é o feito de que teña un oficio manual e poida acceder ou non a internet, senon os modos en que se dirixe aos demáis.
      Lucía Fraga, área de formación do CETMAR, coordinadora do proxecto WOOBTA

Comments are closed.