Publicidade gaditana de vapores

A Biblioteca Virtual de Andalucía posue copias dixitais de 372 anuncios dalgúns vapores que facían escala en Cádiz a principios do século XX. Os carteis pertencen á Biblioteca Pública do Estado de Cádiz. Entre eles están os de varios vapores que facían a ruta ata Bilbao facendo escala en Vigo, Carril, Vilagarcía, Coruña, Ferrol, e Ribadeo.

O cartel da imaxe de arriba é do vapor Florencio Rodríguez, e se o comparamos coa imaxe que do mesmo barco se pode ver en Vida marítima decatarémonos que se reutilizaban imaxes antigas para facer os carteis.

Etiquetas