“…que pode arreciar o vento / a piques de naufragar”

O pasado sábado tivo lugar en Portonovo a VI Regata do Sepelo. O día foi fermoso pero o vento doulle traballo ás tripulacións das 21 dornas que participaron. Só 10 remataron a regata e dúas deron quilla arriba. Por sorte a prudencia das tripulacións e as lanchas de seguridade fixeron que non houbese danos persoais.

No blog Da ACD Dorna hai unha crónica sobre a regata (e outra) , no blog da Habana a visión do seu patrón sobre o “sucedido”, e no grupo de Facebook de Amigos da Dorna de Portonovo comentarios de participantes e unha serie de fermosas fotos feitas por Luís Chouza, autor das dúas que ilustran este post. A de abaixo é a Jatiña, co pau deitado e un ris cosido.

Parabéns a todos os participantes, organizadores e aos da lanchas de seguridade.

Etiquetas

2 cometarios sobre ““…que pode arreciar o vento / a piques de naufragar”

Comments are closed.