Reflexións. Olga Osorio


No Centro Social Caixanova (Policarpo Sanz) de Vigo, está aberta ata o 18 de febreiro a exposición Reflexións, da fotógrafa Olga Osorio. Este traballo foi premiado no I Concurso Proxectos de Creación Fotográfica “O mar de Galicia” organizado polo R.C.N.Vigo e o Centro de Estudios Fotográficos de Vigo, co patrocinio de Caixanova.
As fotografías pasarán a ser propiedade do RCNV que pensa facer unha exposición itinerante, para os que non poidan ir velas no web do CEF podedes ver algunhas, e as características do libro que editou para a exposición.

(foto de Olga Osorio)

Etiquetas