Regata Calmoseira 2012


O vindeiro día 1 de setembro vai ter lugar na Illa de Arousa a Regata Calmoseira 2012. A saída será ás 12 horas desde o muelle do Chufre, e o percorrido será o “Triángulo do Cantiño” (Muelle-Faro de Xeixo-Punta Cabalo). A organización corre a cargo de Calmoseira

As dornas participantes deben inscribirse antes da regata para facilitar a organización do xantar que se lle ofrecerá aos participantes no Con do Moucho. Na convocatoria da regata lémbrase tamén a obrigatoriedade de ter ao día os seguros e medios de seguridade a bordo adecuados.