Regata de canoas a remos. Esteiro

O vindeiro sábado 15 de agosto integrada no programa das Festas do Carme de Esteiro, celebrarase unha Regata de Canoas. Será na Praia de Parameán ás 5 da Tarde organizada polo Grupo de Cultura Mariñeira da Asociación Cultural O Xeito. Contando coa colaboración da Comisión de Festas de Esteiro, da Asociación Deportiva Esteirana Remo e do Concello de Muros. Co respaldo e o apoio da Asociación de Veciños A Ostreira, a Asociación Mar de Muros, a Asociación Mar de Noia, a Asociación de Xubilados do Mar de Muros “Xubimar e a Asociación Joaquín Vieta.
Abaixo podedes ver unha foto da botadura da Canoa da Esteirana no 1981.