Regata de dornas e de clásicos en San Vicente

O Club Náutico de San Vicente organiza unha regata de dornas o vindeiro día 15 de agosto, coincidindo coa Bandeira Deputación de Traíñas, e unha regata de clásicos o día 30 de agosto, Día da Lanzada .

Etiquetas

2 cometarios sobre “Regata de dornas e de clásicos en San Vicente

  1. A regata de agosto pode ser un magnífico día: Vai a celebrarse de xeito simultáneo cunha regata de traíñas, que, ademáis, acostumbran a encher de público o porto. E o día será festivo e tamén poderán ser contempladas pola xente das praias da Lanzada, Raeiros, Area da Crus, Seixeliño, Espiño… Sairán primeiro as dornas e o seu regreso intentarase que coincida co remate das tandas das traíñas. Ademáis está prevista a retransmisión pola TVG en directo. Tamén estamos a organizar unha pequena festa para esa noite no Pub Náutico.
    E a regata dos clásicos, no día da Lanzada, pode, igualmente resultar espectacular o celebrarse diante das praias citadas e, ademáis, o fin de festa será a bordo dun dos barcos.

    Por suposto nada desto se podería levar a cabo sen a colaboración do C.R. Mecos e, nomeadamente, da asociación de Amigos da Dorna Meca.

Comments are closed.