Regata de Inverno 2014. Ribeira

A pesar do tempo que estamos tendo hai quen navega no inverno. Os amigos de Lajareu por Barlovento van comezar a súa Regata de Inverno 2014. A Regata consta de catro probas, a primeira o vindeiro sábado día 1, as seguintes o 15 e 29 de marzo e a cuarta o 12 de abril.
Ná súa web está o anuncio de regata coas instrucións correspondentes.

Etiquetas