Regata do Carme. Trofeo da Dorna de Prata

O vindeiro día 17 de agosto vai ter lugar en Ribeira a Regata do Carme, na que se vai poñer en xogo o Trofeo Dorna de Prata. Organizada por Lajareu por Barlovento, ten a saída prevista para as 16:00 h.

Esta regata é especial, porque é a única onde ademais dos trofeos individuais o Trofeo se consigue puntuando por equipos. As tres primeiras dornas de cada club puntuan para conseguir a Dorna de Prata. O club gañador deposita a dorna na sede do seu Concello ata o ano seguinte que se poña en xogo outra vez.

No blog de Lajareu está publicado o anuncio da regata coas instrucións necesarias para poder participar. Na imaxe de arriba a tripulación da Zoa, Charli e Xosé, os gañadores da pasada edición.