Regata do Marisco 2012

O vindeiro día 6 de outubro ás 16:00 h vai ter lugar no porto do Grove a Regata do Marisco. Organizada polo Concello do Grove en colaboración con Amigos de Dorna Meca concidindo coa Festa do Marisco, esta regata marca dalgunha forma o fin da tempada de regatas de dornas a vela.