Regata do Marisco e II Desafío a remos

Mañán sábado 5 de outubro ás 16:00 h vai ter lugar no Grove a Regata do Marisco. Coincidindo coa Festa do Marisco o Concello do grove en colaboración con Amigos da Dorna Meca organiza esta regata.

E pasado mañán domingo 6 será o momento do II Desafío a remos. unha regata de dornas a remo por relevos. Tres dornas de cada asociación farán relevos entre o porto do Grove e a Ponte da Toxa.

No primeiro Desafío medíronse tripulacións do Grove e Arousa, gañando os da Illa, e nesta edición súmanse as de Amigos da Dorna de Portonovo, habituais vencedores da regata de remos de Combarro.

(Imaxe ACD Dorna)

Etiquetas