Regata do Marisco e o Desafio a remos

Mañán 4 de outubro ás 16:00 vai ter lugar no Grove a Regata do Marisco. A saída será desde o porto do Grove.

O domingo 5 ás 17:00 será o Desafio a remos, tamén con dornas, e o campo de regata será entre o porto do Grove e a ponte da Toxa.

Estas regatas marcan o fin de tempada, xusto cando chega o cambio de tempo.

(Imaxe Alejandro Agrelo, vía Amigos da Dorna Meca)

Etiquetas