Rematou o IX Encontro


Rematou o IX Encontro. E foi un éxito. Agora os barcos están volvendo aos seus portos, e en Muros sigue o traballo, recollendo e limpando, e a vila volve á súa actividade normal.
Nos próximos días iremos poñendo información sobre o Encontro neste web e iremos dando conta do que se publique noutros sitios.
Como mostra poñemos a foto de arriba, foi sacada no regreso a porto o sábado, logo da navegación proa a Monte Louro.

6 cometarios sobre “Rematou o IX Encontro

  1. Ya estamos de vuelta por Mallorca. Esto si es calor.
    Gracias por todo y enhorabuena por lo bien que lo habéis hecho. Felicidades.

    Cesar i Sara

  2. Estes dias pasados en Muros disfrutamos moitísimo de todo: do entorno, das embacacions, dos compañeiros /as nevegantes, das exposicions, dos actos do encontro, dos concertos…ainda que non puidemos asistir a todo. Pero o que mellor sabor de boca nolo deixoua a organización. Penso que todo saiu moi ben (que non e doado), por iso, PARABENS a organización, que ademais fixo un esforzo enorme de amabilidade e hospitalidade cos participantes.

    Agora, ós colectivos implicados, que disfruten das merecidísimas vacacions, coa agradable sensación de ter feito un estupendo traballo, e que (polo menos nos) NON ESQUECEREMOS NUNCA ESTA FERMOSISIMA IMAXE QUE NOS LEVAMOS DE MUROS.

  3. Nouraboa a toda a organización do Encontro e as xentes de Muros que souberon estár a altura de esta fermosa e reivindicativa representación da nosa cultura marítima e fluvial.
    Forza cara o X
    saúdos

  4. Ainda estamos a recoller as felicitacións e parabens dos veciños que o pasaron estupendamente, por iso queremos que vos tamen sexades participes deles, sen o voso traballo e esforzo, que cada día que pasa daste conta de canto e de que calidade, todo isto non sería posible, moitas grazas por elexirnos e confiar en toda a xente de Muros,..

    1. Haber Rosalias!! non é para menos, todo mundo traballou a cada un o seu, uns mais lucídos outros menos, pero o que se percibía -xa antes- e que Muros pretendía vivir o Encontro. Alegrome que esa ledicia participativa trascendera mais ala da clase currante do tecido asociativo tan impresionante que tendes, para min eso é o importante, que Muros se enterara que que os muradans lle gustara. Agora quedavos un reto. Creo que tendes o “marco incomparable” para unha “festa das tradicions mariñeiras” ou como queira chamarselle. Grazas pola vosa dedicación. Sempre nos quedará saber como estaríades de guapas (opinión xeneralizada)co traxe de gala, pois co de cotío …. lastima de choiva.

      Fernando Piñeiro

Comments are closed.