Rematou o VII Encontro

Logo de 5 días de festa rematou o VII Encontro. Foron 122 barcos e 755 tripulantes os apuntados nesta ocasión. O Encontro estivo marcado pola presencia de barcos de variada procedencia, e polo vento do norte, que impedíu que nos primeiros días se puidese navegar con comodidade.
Na web do Encontro estanse a intercambiar opinións no foro, e estanse subindo fotos.
Todos os que teñan fotos de barcos, de tripulantes, videos, anécdotas, etc. sobre o Encontro e queiran compartilas poden enviar material a fotos@culturamaritima.org ou facer uso do foro.
Se hai unha resposta considerable pénsase facer un concurso de fotografía cun premio que se anunciará no seu momento.

Etiquetas