Restauración do Pajarito, un bote pulpeiro de Ferrol.



Estas fotos corresponden aos traballos de restauración do Pajarito, un bote pulpeiro de Ferrol construido en Miño en 1907, e que como xa dixemos anteriormente é o “pai” do Bote de Pao.
Agradecemos a Alberto, o armador, que nos proporcionase estas fotos, e desexámoslle bo vento e outros 102 anos de vida ao seu barco.

Etiquetas

15 cometarios sobre “Restauración do Pajarito, un bote pulpeiro de Ferrol.

  1. Que ben quedou, un bo traballo, parabens a familia ferrolan. E que voe moitos anos mais.

    Fernando

  2. Noraboa. Moi bo traballo de restauración.

    Gústame ver que se colleu a tempo para manter o máximo posible da construcción orixinal do barco porque, se houbese que substituír moitas pezas, que quedaría de 1907 nesa embarcación?

  3. ben bonito ese barco e bonito nome .e unha vez mais uns ferrolans anonimos engrandecendo o nos opatrimonio poñendo eses barcos a navegar na nosa fermossi…..sima ria .bo vento

    1. Claro que sí o que pasa é que lles costa traballo polo da castelanización é iso. Conste que iso pasa en muitos outros contextos mais o que é , é que dicía o outro…
      Non vos mosqueedes vale ?
      Saúdos e noraboa polo traballo feito. Somos un barco máis a navegar nas rías altas.

      1. Si, iso soe pasar moito…
        E tamén que por moito que algúns sexan galegos, dáselles por escribir en portugués, ou algo parecido…

        1. Português igual a galego polo mundo fora, escrever “em português” é escrever em galego. Galego-português nom deixa de ser umha redundáncia. Galego com ortografia espanhola?…dialecto do espanhol.
          Já o dixo um que pode que chegasse a ver a embarcaçom original, O ferrolam Carvalho Calero, cuja casa está a cair de abandono no bairro do porto
          “O galego ou é galego-português ou é galego-espanhol”
          Já os espanóis dim que o “ñ” é a sua marca distintiva.

        2. Manda carallo, arranchei o bote polo cariño as embarcacions tradicionais e agora resulta que mandei as fotos a mesa pola normalizacion lingüistica.
          Menos mal que segue sendo un bote, polo de agora, que en catro dias, e a iste paso pasan a chamarse Votes.

          1. A nosa lingua ten problemas mais fondos que os castelanismos e outras influencias linguisticas,estas ultimas ao parecer mellor vistas pola maioría, ( no modernismo informático vale toda canta trapallada sae, sempre que sexa en inghles) “tudo e moito velo” .Non penso contribuír a causa do desprezo e auto odio que ten a maioría dos nosos vellos, a nosa propia lingua, a maior parte causada por correcions de dubidoso rigor que levaron a estas xentes a considerar, que eles non saben falar galego,todo esto nos que mantiveron a lingua reinando contra os peores ventos,alguén con toda a maldade do mundo meteulles e aínda segue a meterlles hoxe na cabeza, que o que falan e un castrapo,cando o único castrapo óese cando se fala español en Galicia. O día que ese concepto de castrapo desapareza , e falemos sen complexos podemos considerar algunha posibilidade de salvación do idioma ,mentres tanto estamos a contribuír a desfeita e morte de algo, que cando morre e para sempre. A lingua e como liberdade non se reclama, se exerce, namentres nós preocupados por semellantes conachadas, podemos seguir votándolle a culpa a Freixó Presidente( así chamamos na comarca de Ferrol as filloas),pero os culpables somos nos, os que sempre con desculpas e demais caralladas, falan aos seus fillos en ese castrapo español “cuando los tienen en el colo o los llevan a cama, soi mas de izquierdas que tu y el gallego no lo quiero pa mi hijo en matematicas”, que ate uns anos, negaban e aínda negan informes da UNESCO, que consideraban o Galego a única lingua en extinción na península Iberia,( o contrario seria recoñecer a culpa propia), Tamén a RAG e outras institucións puxeron o berro no ceo cando ese informe, o parecer as enquisas (esas que serven para facer a mentira mais colectiva) dicían o contrario, como si fosemos admitir que somos xenocidas da lingua, o feito das publicacións escritas,cada día mais abondosas, morreu o latín cando mais escrito estaba.A realidade e que o nivel de aprecio a nosa lingua podémolo ver e escoitar todos os días na TVG e RG , onde xa nin na aldea mais remota os mais vellos dígnanse en contestar en galego, terá algo que ver con esas sorpresas como un día que todos a unha e sen voces como as cantareiras, a Radio e TV galegas seguindo o sinal, reformaron ate dobraxes para implantar o “GRAZAS”. Os que non facemos enquisas pero aínda “chateamos nos bares polo tanto escoitamos” sabemos deste deterioro, exemplos da lingua castellana que falan os pais aos nenos tamén vémolo nos encontros de embarcacións tradicionais que facemos como o ultimo celebrado, cousa que antes era impensable nas nosas vilas mariñeiras,era so un problema de cidades mais grandes, lembreime de cando hai cincuenta e tantos anos os meus pais falando eles en galego forzábanme a min a falar en castelán
            Xa quixera eu escoitar ós mariñeiros de hoxe ( non tería necesidade de manifestarme en Compostela como hai unha semana) falando do seu pulpeiro, tamén polbeiro,falando como falaban non hai moitos anos tamén na Ría de Ferrol e non de su pulpero, como falan hoxe, falaban sen saber escribilo, mais non tiñan nin un solo erro sen coñecer norma gramatical ningunha, aínda non caeran por riba deles as sagradas normativas que hoxe créalles tantos complexos e que tan alleas son a eles e que fixeron desaparecer a maior parte das súas voces. Como eu non teño que pasar exame pra atopar “Choio” aínda escribo collós,cabrós mamós
            O frade Martín Sarmiento afirmaba: E da miña observación que as linguas vivas que so se falan e non se escriben, son mais abundantes de voces que as que se escriben e se falan, son polo común letrados e así escríbena e a imprimen sen facer caso do pobo e son tan escrupulosos que non usarán voz ningunha , tamén un catalán era“partidario de las voces de la calle mas que del diccionario”.
            Se cadra é polo que na época do Pajarito as xentes, da unha e outra banda da ría de Ferrol podían e puidemos seguir lendo nos Diccionarios Galegos da época, Pulpeiro, s.m.Polbeiro bote pulpeiro, vr. Polbeiro entre esas xentes naturalmente estaba o noso Ricardo Carballo Calero que tanto axudou a coñecer o galego na súa faciana gramatical, no seu libro que( non e o Face-Book,Word ou Correio Quente dos que todo Cristo fala e que xa temos incorporado no noso Galego estas palabra si valen) por certo nas tres primeiras edicións do seu libro de Gramática Elemental del Gallego Común, a Ñ era unha das consoantes do seu Alfabeto , este home en aqueles tempos falaba das zonas dialectais , e xa distinguía de forma clara a variante nor oriental,e occidental será esta a causa de que haxa tantos apelidos Pulpeiro entre a Mariña de Lugo e Rías altas, aínda que en Portugal non

            Un saudo dende Montecuto no que foi Concello de Serantes

            27 do dez do noso señor Un tal Bedoya

          2. José… o que tí digas…! Por sorte os galegofalantes de toda a vida dicimos o contrario e preferimos o “galego-galego”…

            Bedoya… menudo “tocho”! Pero concordo contigo plenamente.

          3. Por desgraça os “galego falantes de toda a vida”, que assim é como se auto-denomina qualquer indivíduo ainda que fale pior do que Feijoo, cada vez o que falam é menos galego e mais espanhol, cada vez mais pronomes mal colocados, mais léxico deturpado, e mesmo tempos compostos com o verbo haver, que há dez anos ninguém empregava nem para falar espanhol. Cara ai é que nos leva o “enxebrismo”, o galego-gallego, e a auto-limitaçom suicida da maioria d@s falantes desta variante dumha língua falada por mais de 200 milhons de pessoas, e nom por menos de dous milhons de diglósic@s com auto-odio doentio.

          4. Pois mira: todo iso que comentas (pronomes mal colocados, uso de tempos compostos, neo-enxebrismo…) é precisamente a moitos lusistas, reintegracionistas e demais “-istas” neofalantes que van pola vida de salvadores da lingua, a quen máis llo teño escoitado utilizar…
            E, por riba, atrévense a chamar “castrapo” ó galego que falan as xentes que o levan usando toda a p* vida de xeito natural, sen politicalladas, autoconvencimentos nin propagandas polo medio… (feito máis ca comprobado).

            Ben. Falemos de barcos!

          5. Pois sim, eu estava eu lendo um livro de barcos e tinha outro ao pê de socio-lingüistica (nom isolacionista) com a frase aquela de Castelao ” o português é o galego estenso e útil”, ao tempo que escuitava essa radio que se di galega, onde tanto @s locutores, como as “xentes del pueblo” destroçam a língua “de xeito natural”. Mas a culpa, como todo o mundo sabe,é do reintegracionismo. E continuei a ler o livro de barcos

          6. Pois si… Gracias a esas “xentes de pueblo destrozadoras da lingua” esta mantívose viva para que agora, burguesito-reintegracionistas neofalantes, lles chamen castrapo e a poidan utilizar como arma e propaganda política… Vivir pa ver!
            Dos locutores, xornalistas, comentaristas… prefiro non opinar: aparte de que non son galegofalantes, falan galizo normativo…

            Castelao para moitos é un Deus. Ó igual ca Xesucristo, para min non deixa de ser un político.

          7. Rediooooossss!!!
            Este non é o foro para falar de lingoa, ainda que non esté mal. Pero claro, creo que convén voltar a leer o primeiro comentario que dice: Parabens …. e o do dono do barco que non é culpable mais que de restauralo, polo cal o felicitamos e lle damos as grazas.
            Os que a pesares da sociedade en que vivimos tratamos de falar galego, somos tipos normales, alleos a polemicas, non somos estudiados. Probablemente estemos acabando co idioma, según uns, nos, e falo por min, non nos sentimos culpables.
            Penso que o comentario do amigo José non era para esto, o fixo escrito, onde non se modulan os sonidos e onde a palabra colle o sentido de quen a escoita o leela.
            Agora ben, si queredes, abrimos un apartado pola web adiante e facemos un foro de lingoa, ou debatimos sobre o galego. Pero esta é a entrada do “Pajarito”.

            Saúde para todos.

Comments are closed.