Retos e oportunidades para as embarcacións patrimoniais no cadro da Estratexia Marítima para o Arco Atlántico 2014-20. Xornada técnica

O vindeiro sábado, 12 de maio, vai ter lugar en Cambados a Xornada técnica Retos e oportunidades para as embarcacións patrimoniais no cadro da Estratexia Marítima para o Arco Atlántico 2014-20, organizada pola FGCMF, coa colaboración e patrocinio da Consellería do Medio Rural e do Mar e no marco das accións do proxecto Nautismo Espazo Atlántico (NEA2). O obxectivo da xornada é ofrecer unha visión actual sobre a situación da náutica tradicional en Galicia e dos retos e oportunidades que a nova Estratexia Marítima no Arco Atlántico 2014-2020 pode ofrecer.

A Comisión Europea plantexou na comunicación Fomento dunha estratexia marítima para o Oceáno Atlántico a necesidade de coordinar os esforzos que se fagan na zona atlántica de UE para xestionar e mellorar a situación da xente que vive nas zonas costeiras. Esta Estratexia non só vai condicionar a cantidade e a forma de emprego dos fondos europeos destinados á zona, senón que tamén pode influir na nova lexislación que elabore a UE.

Etiquetas

Un comentario sobre “Retos e oportunidades para as embarcacións patrimoniais no cadro da Estratexia Marítima para o Arco Atlántico 2014-20. Xornada técnica

  1. Gustariame poder estar ahí para dar a miña opinión pero o destino non quere.
    Espero que se plantexe exactamente cales son os problemas que fan que a riqueza patrimonial marítima de Galicia teña cada vez máis problemas para poñerse en valor e facerse sostible. Aquí en Murcia incluso “plastifican os barcos de vela latina” é decir danlle poliester porque xa casi non quedan carpinteiros, nin siquera é fácil baixar e subilos barcos porque non hai rampas. Todo se fai más caro económicamente e polo tanto inviable. ¿Que queremos, que pase o mesmo en todos lados?. ¿Por que non se ataca directamente sobre os problemas que fan que os armadores, por exemplo, teñan que facer rentable unha empresa con moitos más gastos por ser unha embarcación tradicional, patrimonial, histórica, singular, etc?. Sempre estamos coa mesma historia, esto non avanza. Cantos barcos se van porque buscan unha solución e ninguén que de verdad poida solucionalo pregunta por qué.
    Non se ten que inventar nada, xa todo está inventado o que pasa é que non o deixan lucir. ¿Que pasa coa exención de taxas de Portos de Galicia?. Bueno, moita sorte e a ver si desta vai.

Comments are closed.