Reunión informativa sobre o X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

O vindeiro sábado 14 de maio está convocada unha reunión informativa sobre o X Encontro. A reunión será no local da FGCMF en Cambados ás 19:00 h e está dirixida a todos os interesados en asistir co seu barco a Carril para participar no X Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia.

Trataranse os temas:

  • Información sobre as xornadas previas que se van desenvolver en Vilaxoán os días 25-26 de xuño.
  • Información sobre as zonas de amarre, tanto nas xornadas previas como en Carril.
  • Zonas de navegación e seguridade no mar.
  • Información sobre as posibilidades de aloxamento, manutención e loxística en xeral.
  • Información sobre as actividades a desenvolver tanto no mar como en terra.
  • Outras cuestións

Toda persoa interesada en participar no X Encontro será benvida.

Etiquetas